Las víctimas del accidente de tren de Angrois exigen una investigación independiente y sin utilización política
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/victimas_angrois_2017.jpg)
A portavoz nacional, Ana Pontón, encabezou a representación do BNG que arroupou ás vítimas da traxedia de Angrois na súa manifestación en Santiago para, catro anos despois do sinistro, seguir reclamando “verdade, xustiza e reparación”.
“É desolador ver a falta de respecto que hai para as vítimas e para con este país, porque estou segura que en ningunha parte do mundo catro anos despois do accidente ese punto seguiría sen ter as medidas de seguridade, o que mostra o desleixo e do desprezo que hai no fondo cara este país e cara as persoas que sufriron a traxedia”, salientou Pontón, quen puxo en valor a loita das vítimas e da plataforma de afectados e afectadas.
“Se chegamos aquí e pola súa forza e pola súa ansia, porque non se amedrentaron a pesar de que estaba loitando contra o Estado”, recalcou a dirixente nacionalista quen transmitiu todo o apoio do BNG “a través dunha forte aperta neste momento de dor colectivo”.
Manifestación das vítimas de AngroisPontón tamén foi contundente ao asegurar que o Bloque vai seguir traballando como fixo nos últimos anos desde os Parlamentos galego, español e europeo, para que haxa unha comisión de investigación tamén na Cámara galega que depure responsabilidades políticas e analice todas as medidas necesarias para que nunca mais se repita Angrois, “porque hai un débeda coas vítimas e con este país”.
“É indecente que catro anos despois non haxa unha comisión de investigación, que os xulgados sigan tramitando ese xuízo e que nin tan sequera se cumpran uns mínimos, porque é indecente que catro anos despois aínda non estea instalado o sistema de seguridade RTMS e resulta vergoñento que, catro anos despois, o presidente da Xunta busque escusas para xustificar algo que non entenden ninguén”, argumentou.
“No BNG imos seguir traballando para abrir unha ventá pola que entre a verdade, a xustiza e a reparación”, subliñou Pontón, “porque non se pode pechar unha páxina tan tráxica e tan dolorosa sen que haxa unha investigación xudicial e que se depuren as responsabilidades políticas e se analicen as causas técnicas que hai detrás deste accidente”, alegou.
A portavoz nacionalista en Bruxelas, Ana Miranda, amosou a súa confianza en que a Comisión Europea abra un procedemento de infracción contra o Estado español por incumprimento da normativa en materia de seguridade ferroviaria.
“Europa sacoulle as cores ao Goberno español por non facer unha investigación independente, e confiamos en que atenda a petición do Bloque de abrir un procedemento de infracción desde a UE contra o Estado porque non existiu o preceptivo control de riscos, temos indicios positivos de que así vai ser. Imos chegar ata o final, non pararemos”, recalcou Miranda na manifestación a que tamén asistiu o deputado Xosé Luís Rivas, o portavoz municipal Rubén Cela e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín.
Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG
R.