Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

En Marea y el PSdeG reclaman la retirada de la reforma de la Ley de Salud de Galicia

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, participou en Monforte na concentración dos traballadores do Hospital contra a reforma da Lei de Saúde de Galicia posta en marcha polo goberno galego. O responsable socialista reclamou a retirada do texto cando aínda é anteproxecto de Lei, xa que “vai no camiño de reducir os servizos de proximidade e de empeorar a atención sanitaria”.

Fernández Leiceaga acompañou ao alcalde de Monforte, José Tomé, nun acto no que tamén participaron o portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, os parlamentarios lugueses José Antonio Quiroga e Concepción Burgo, e representantes políticos e institucionais do PSdeG na provincia.

O responsable socialista reclamou “reforzar os hospitais comarcais como o de Monforte, xerando máis recursos financeiros e humanos para a sanidade pública”. Apostou por seguir un “camiño posible” que, “lonxe de desmantelar as áreas sanitarias, conduciría a reforzar aquelas que teñan necesidades que poidan ser mellor cubertas se este centro se convirte nun Hospital de Referencia”.

Sinalou que o reforzo da sanidade “depende da vontade política” do goberno galego, que acaba de presentar unha reforma legal dirixida a “crear dous tipos de sanidade, unha de primeira e outra de segunda”. A reforma suporá “un paso máis” –logo da creación das Eoxi- no “desmantelamento das áreas sanitarias e na redución dos servizos de proximidade”, facendo desaparecer as áreas de Monforte, Burela, Salnés e Valdeorras.

O alcalde de Monforte, José Tomé, avogou por “impedir que a Xunta leve adiante unha reforma claramente prexudicial para a sanidade de Galicia” que busca “beneficiar á sanidade privada” impoñendo “dúas varas de medir”. Advertiu que “se este modelo de provincia única fora tan bo A Coruña e Pontevedra terían distritos sanitarios nas cidades e áreas provinciais en lugar de contar con tres áreas a primeira provincia e dúas a segunda”.

Advertiu que a área de Monforte está a perder autonomía “ata o punto de que para reparar un ordenador hai que chamar a Lugo, non compran repostos, non cobren as prazas de servizos e tratan de cubrir as vergonzas desprazando a especialistas”.

Esta última práctica, sinalou, mesmo supón “deixar descuberto o Hospital de referencia” mentres o especialista visita Monforte, cando sería “innecesario se os servizos estiveran cubertos”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

“A supresión de áreas sanitarias coma a de Monforte vai conlevar un deterior da Atención Primaria e tamén na atención sanitaria especializada nas comarcas galegas, ademais de afastar a poboación dun dereito básico”. O voceiro de En Marea Luís Villares rexeitou o anteproxecto de Lei de Saúde que vén de presentar o PP, en declaracións a medios trala concentración diante do Hospital Comarcal de Monforte, na que participou xunto á deputada Paula Vázquez Verao.

Para Villares o deterioro da atención sanitaria en Galicia vén de atrás e en zonas coma o sur da provincia de Lugo “estamos vendo como nos últimos anos durante os meses de verán se recortaron servizos coma o de Pediatría en Chantada ou no Caurel ou no propio hospital comarcal de Monforte servizos que se presentaban ata hai pouco tempo como é o do aparato dixestivo, radioloxía ou cirurxía xeral agora están notablemente empobrecidos facéndose operacións en Lugo que antes se facían neste centro”.

Isto obriga á poboación a amplos desprazamentos que antes non se producían porque a atención sanitaria estaba cerca do seu domicilio, a dirección contraria das políticas que defende En Marea. “Nós cremos que toda a poboación ten que ter os mesmos dereitos con independencia do lugar onde viva e polo tanto as zonas como o sur da provincia de Lugo, a Mariña, Valdeorras ou o Salnés non poden quedar desprovistas de servizos sanitarios que ata agora se prestaban”, sinalou.

Ademais, En Marea rexeita esta reforma sanitaria plantexada polo PP “polo avance privatizador da saúde concebida como un negocio e non como un servizo público e porque entendemos que non se aproveita para mellorar a carreira profesional dos profesionais da saúde que levan entregado moito para que funcione ben a pesar dos recortes do PP”.

Por todas estas razóns En Marea apoiará todas as mobilizacións da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e das Xunta de Persoal dos diferentes hospitais pois “ nos resignamos ao modelo privatizador e de recortes dos servizos públiccos do PP e estaremos aquí ata que consigamos a súa retirada e a garantía dos servizos sanitarios en todo o país e en todo o territorio”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, manifestou que a nova Lei de Saúde “busca a mellora do servizo sanitario”, cun especial interese en achegar cada vez máis os servizos aos cidadáns. Nunha entrevista concedida esta mañá ao programa Bos Días da Televisión de Galicia, Almuiña subliñou que un dos obxectivos fundamentais da reforma é a actualización da sanidade galega e da súa estrutura. O que ata o de agora se coñecían como EOXI van ser áreas sanitarias e dentro de cada unha delas estarán os distritos. “Queremos blindar os hospitais comarcais e por iso creamos os distritos” afirmou o conselleiro que lembrou que os distritos existen onde existen hospitais. Coa nova lei existirán 14 distritos que se configuran como divisións das áreas, e que toman como referencia a institución hospitalaria no seu ámbito territorial. Os distritos van constituír un marco de referencia da actividade de atención primaria, hospitalaria e sociosanitaria que se establecerá arredor do hospital, e mantendo a agrupación de concellos que xa se realiza actualmente no decreto das EOXI.

Con estas modificacións, Sanidade pretende “avanzar nun maior número de actividades que se poidan levar a cabo nos hospitais comarcais” que segundo o conselleiro son fundamentais para gran parte dos galegos. A idea é seguir afondando no modelo actual que conseguiu que dende o ano 2012 se puideran facer arredor de 200.000 consultas con especialistas que acudían dende os hospitais centrais desa área ata os comarcais, evitando dese xeito os desprazamentos dos cidadáns. O conselleiro lembrou que dende 2012 ata o de agora os investimentos en obra e tecnoloxía nos hospitais comarcais ascenderon a máis de 18 millóns “e nos próximos dous ou tres anos chegaremos a outros 10 ou 12 millóns máis”.

Almuiña destacou que no tocante á sanidade “o que buscamos é que haxa equidade e accesibilidade, independentemente de onde se viva, en calquera comarca ou zona por afastada que estea”.
R.