Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El presidente de la Xunta afronta su séptimo Debate sobre el Estado de la Autonomía y primero de esta legislatura con el empleo, la demografía y los servicios sociales como retos

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que o DEA estará centrado nas mellora da economía e dos servizos sociais de Galicia. “Sabemos que este Debate do Estado da Autonomía volverá poñer enriba da mesa novas medidas e propostas encamiñadas a mellorar a vida dos nosos veciños”. Segundo sinalou, no ADN do Partido Popular de Galicia está a aposta polo crecemento da nosa economía e dos nosos sectores produtivos, por aliviar a carga fiscal sempre que a situación económica o permita –cómpre lembrar a redución do tramo autonómico do IRPF, o programa de impostos cero no rural ou a exención do Imposto de Sucesións para o 99% dos galegos- e por mellorar os nosos servizos públicos, “cun redoble de esforzos nos últimos anos para mellorar a nosa política social”. “Cremos que eses son hoxe os asuntos cruciais en Galicia, e estamos convencidos que serán algún dos fíos condutores que propoñerá o PPdeG no Debate que arranca o mércores”, engadiu.

Como indicou, o PPdeG volverá exhibir que é un partido que é garantía de estabilidade e de rigor na xestión, cunha maioría absoluta que un ano despois das eleccións autonómicas estarían en condicións de revalidar, porque “temos un líder contrastado e recoñecido dentro e fora da nosa Comunidade, un goberno estable cunha maioría parlamentaria que o apoia e un partido unido que inviste todas as súas forzas en intentar solucionar os problemas dos galegos”.

Así mesmo, apuntou que neste Debate volveremos a confrontar as dúas realidades políticas da nosa comunidade: “Dunha parte, que temos un goberno que non só ten unha folla de servizos que presentar aos galegos, senón que tamén pode ofrecerlles un proxecto de futuro. E da outra, que temos unha oposición que non ten proxecto e non ten futuro”. Nese senso, o números dous dos populares galegos lembrou que nos últimos doce meses "na esquerda galega só houbo confrontación interna e ausencia de ideas" e destacou que o que puidemos ver durante as últimas semanas foi un BNG “que non ten máis proxecto ca copiar paso a paso a folla de ruta do independentismo catalán”, non tendo “máis futuro có de seguir batendo os récords dos seus peores resultados da historia”; un PSdeG que “non ten máis proxecto que o do no es no, a loita interna e a acusación de xogo sucio entre candidatos”, e sen “máis futuro có de seguir dividido durante anos”; e unhas Mareas de Podemos sen “máis proxecto có insulto e a descalificación”.

Tellado lamentou que, despois de tantos anos e de tantas derrotas electorais, unha parte da esquerda radical de Galicia non teña nada máis que ofrecerlle á sociedade galega ca unha especie de "beirismo sen Beiras". “O señor Luis Villares chegou á política vendéndonos un perfil de xuíz, finxidamente moderado para intentar captar máis votantes”, remarcou para recoñecer que “o que finalmente obtivemos é un líder mediocre que para poder conservar a súa posición ten que intentar imitar ao seu antecesor”. “Villares quixo ser Beiras, pero resultou parecerse máis a unha versión cativa de Gabriel Rufián”.
R.