Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Vuelve el programa 12 dulces del otoño con teatro familiar y gastronomía en Compostela

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, indicou que, con este programa, "conseguimos encher de contidos os domingos nos centros cívicos, ata o de agora os días de menor actividade na rede". Ademais, a concelleira incidiu en que 12 doces do outono ten o obxectivo de "promover o coñecemento dos centros cívicos por parte da veciñanza, porque a nosa rede é moi extensa e paga a pena visitar tamén os espazos que quedan máis afastados do noso ámbito, como poden ser os do rural".

Cristina Fiaño de Urdime Teatro, destacou a atención ao público familiar deste programa, sobre todo, porque liga actividades de teatro, circo e música coa gastronomía. Este ano contarase con novas inciciativas tanto de Galicia, como o espectáculo de Paco Nogueiras, como de Portugal, co grupo Mão Verde. Segundo Sofía Espiñeira, "o máis bonito é ver como o programa vai sumando xente e que se poidan achegar persoas mesmo aos centros do rural".

Sonsoles Penadique abrirá o programa con O pozo das señoras, un espectáculo que mestura contos e música e que fala de mulleres con carácter e do misterio do Samaín. Pola súa parte, Sofía Espiñeira, de Teatro ao Cubo, deu detalles da súa nova proposta, Hop, unha obra sobre os circos ambulantes de finais do século XIX e comezos do XX.

O programa 12 doces do outono terá espectáculos os domingos 5, 12, 19 e 26 de novembro, con sesións ás 12:30 e ás 18:00 horas. As actividades chegarán a doce centros socioculturais, tanto do ámbito urbano como da zona rural. Serán os centros do Ensanche, Conxo, Amio, Lavacolla, Castiñeiriño, A Gracia, Rocha, Marrozos, Laraño, Vite, Fontiñas e Santa Marta.

Ao remate das representacións, en cada un dos centros haberá unha degustación gastronómica. A elaboración dos doces corre a cargo dos propios centros socioculturais, que adoitan organizar obradoiros nos que participa a veciñanza. Trátase de coñecer os produtos que se poden elaborar cos produtos típicos do outono, como a cabaza, o marmelo, as castañas ou as peras.
R.