Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El Festival Galicreques continúa en la capital de Galicia con funciones de compañías gallegas, argentinas y brasileñas

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:

A xornada comeza o mércores 18 de outubro ás 10:15 horas na Fundación SGAE, onde se representará a función escolar Güe-Güe, da compañía galega Larei Lará. Trátase dunha historia de actor e marioneta que xira ao redor da lúa e da noite.

Ás 12:00 horas, o CSC de Santa Marta acolle dous espectáculos: O día em que a morte sambou, dos brasileiros Valeria & Habib, e A señora Rosa e a Morte, de Carmen Domech. As dúas montaxes achegan con teatro de sombras e monicreques aos rapaces cara á dualidade entre a vida e a morte. No mesmo centro, ás 18:30 horas, realizarase un segundo pase de O día em que a morte sambou.

Ás 17:30 horas, na praza Roxa, a compañía arxentina El Telón ofrece a obra Historias con guante, un espectáculo de bonecos de luva que xira sobre dous personaxes, María e Juancito. A moza descobre algo estraño mentres fai a compra e precisa contarllo ao seu noivo. A montaxe, en caso de chuvia, ficará suspendida.

Unha hora máis tarde, ás 18:30 horas, o Teatro Principal acolle o espectáculo Viento, dos tamén arxentinos El Colectivo. Trátase dunha montaxe de luva e máscaras sobre dous personaxes nostálxicos que se descobren nunha estación de tren e fican namorados nun mundo sen cabeza. Tenrura e humor nun universo absurdo

Venda de entradas

As entradas para as funcións do Teatro Principal, Fundación SGAE e CSC de Santa Marta custan 5 euros por persoa, podendo adquirir catro billetes para un mesmo espectáculo por 15 euros. As entradas para as montaxes do Teatro Principal véndense de forma anticipada de martes a sábado en horario de 18:00 a 21:00 horas. Os días de función pódense adquirir dende unha hora antes do comezo do espectáculo. Na Fundación SGAE e no CSC de Santa Marta, as entradas véndense tamén dende unha hora antes do comezo do espectáculo.
R.