Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El PSdeG denuncia el veto del PPdeG a una propuesta de modificación de la Lomce a favor de la enseñanza pública

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, lamentou o veto do PP a unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para modificar a Lomce priorizando o ensino público sobre o concertado e devolvéndolle competencias aos claustros de profesores. Os socialistas, explicou, presentaron esta proposta en todo o Estado ante a estratexia do Goberno para dilatar as conversas do Pacto Educativo ata as próximas eleccións.

“Pacto educativo si, inmobilismo non”, así resumiu Álvarez as demandas do Grupo Socialista fronte á intención do goberno central de desenvolver este pacto “sen celeridade nin firmeza”. Adiantou que esta proposta sairá adiante no Congreso porque o PP carece de apoios suficientes para impedila e non poderá vetala na Mesa con “argucias técnicas” como fixo coa transferencia da AP-9 porque non supón modificacións orzamentarias.

O portavoz socialista reclamou a modificación da Lomce para que a programación da rede de centros priorice á rede pública sobre a concertada, acabando coa escusa do PP de que as escolas concertadas eran incluídas “a demanda” dos pais. Sinalou que “o que da cobertura educativa universal é a rede pública, e como tal debe ser priorizada con respecto da concertada”.

Ademais, reclamou que os claustros de profesores recuperen moitas das competencias que lles foron retiradas a favor dos directores, volvendo ademais á designación daqueles por unha maioría de representantes da comunidade escolar do centro. Coa Lomce, os directores son seleccionados nunha comisión na que a maior representación lle corresponde á administración, limitando a tan só entre un 30 e un 50 por cento de representantes dos centros.

Estes directores, ademais, ostentaban a autoridade exclusiva de aprobar os proxectos e normas, as programacións anuais, as decisións sobre a admisión de alumnos e sobre os recursos complementarios. Os socialistas reivindican que estas competencias volvan aos claustros e que ademais os directores sexan escollidos nun mínimo de 66 por cento de votos de membros da comunidade escolar.
R.