Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Núñez Feijóo comparecerá en el Parlamento de Galicia en noviembre para explicar la gestión de la crisis de los incendios

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

O vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, considerou “indignante” que o grupo do Partido Popular impedise a comparecencia do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, solicitada por todos os grupos da oposición para falar da situación de emerxencia vivida no noso país nos últimos días polo lume. “É indignante que o PP busque unicamente o seu beneficio partidista” denunciou. Sánchez tachar de “escusa” do voceiro do PP, Pedro Puy, que para xustificar a negativa a aceptar esta petición dicindo que era preciso ter toda a información antes. “A conselleira de Medio Rural dixo no último pleno que o cen por cen foran provocados. Que probas ten?. O mínimo que deberíamos pedir ao goberno galego é un pouco de rigor e dignidade. Esas arroutadas non se poden permitir” salientou Antón Sánchez. O único que está a facer o PP segundo afirmou o vicevoceiro de En Marea é “unha campaña campaña publicitaria deshonesta para desviar atención das verdadeiras causas do lume”.

A realidade deixa en evidencia a incapacidade do Goberno galego, a descoordinación e a falla de previsión. Sánchez lamentou ademais a nula autocrítica e propósito de emenda por parte da Xunta. “Para Feijóo todo estivo ben entón que pasou para que ardesen 35.000 hectáreas e morreran catro persoas” criticou o vicevoceiro de En Marea. “O Goberno galego ten responsabilidade directa na situación vivida os pasados días e é intolerable que non se asuman responsabilidades políticas e opten por xogar cos tempos en beneficio do PP“ declarou Sánchez.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O secretario xeral electo do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, sinalou que “Galicia non se merece un goberno que non teña capacidade efectiva na prevención nin na loita contra os incendios”. Así o dixo durante unha visita a Formosas, no Concello de Carballeda de Avia –Ourense-, acompañado polo alcalde, Luis Milia e representantes da comarca, antes de desprazarse, pola tarde, a Pontecaldelas –Pontevedra-.

O responsable socialista subliñou que “Galicia non pode estar agardando á choiva cunha lacra coma esta” e situou na “máxima urxencia” que os gobernos central e autonómico poñan en marcha “axudas económicas para que os veciños que teñen perdidos seus bens poidan recuperar a súa vida con normalidade”. Reivindicou “un gran pacto social” para loitar contra o lume e recuperar a masa forestal”.

Lamentou o “abandono” que sufriron os veciños e o propio alcalde, que “estivo á fronte do operativo, traballando a pé de rúa cos seus veciños nunha situación crítica. Eles tiveron, dixo, que paliar a ausencia dun goberno que non exerceu o seu traballo para loitar contra o lume e na defensa das vivendas e da masa forestal, e que neste caso cobrouse a vida dunha persoa.

Criticou así que “nin sequera a Deputación Provincial tense posto en contacto co Concello”, o que “fala dun fracaso na política forestal e de prevención contra o lume en Galicia”.
R.