El PSdeG denuncia que el Gobierno gallego congela los presupuestos para empleo mientras la ocupación crece menos que en la media de España
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/trabajadora_electronica.gif)
O responsable socialista advertiu que, de acordo cos datos da EPA coñecidos, a ocupación “medra escasamente a metade do conxunto do Estado”. Neste contexto, considera “excesivamente optimista” que o conselleiro teña previsto crear 17.500 empregos no próximo ano, cando en 2017 só puideron crear 14.500 e “cando din que a situación de Cataluña vai provocar un crecemento menor”.
Losada advertiu que en Galicia “rexistramos unha característica peculiar, somos o único goberno autonómico na que con 14.500 ocupados mais rexistra 25.000 parados menos”, e reclamou unha “hipótese de traballo que explique este fenómeno e clarificar se realmente a xente se desanima, marcha ou o que sexa”.
Criticou que neste contexto a Consellería teña “conxelados” os fondos para emprego, e os datos de execución orzamentaria coñecidos a terceiro trimestre do ano revelan que tan só gastaron o 19,3 por cento as partidas consignadas a fomento da empregabilidade. Advertiu que a Xunta deixou sen investir 263 millóns de euros do programa de Promoción do emprego, no que só executaron o 25,1 por cento.
Engadiu que o crecemento rexistrado supón o incremento do emprego precario e polo tanto dos traballadores pobres, das familias con dificultades para chegar a fin de mes, e aínda hai 61.700 familias con tódolos seus membros en paro, o que evidencia que o emprego “non é unha prioridade para este goberno”.
O responsable socialista criticou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria rexistre “crecemento cero” ao medrar un 3,2 por cento, o mesmo que aumenta o IPC, e que ademais sexa a terceira que menos medra de todo o goberno. Criticou as baixas taxas de execución das partidas previstas, que resulta “extremadamente baixo” para o terceiro trimestre.
De acordo con estes datos, a promoción de emprego e institucións do mercado de traballo só executaron o 25,1 por cento do previsto, con partidas específicas, como a de fomento da empregabilidade, que apenas chega ao 19,3 por cento. No caso de industria, enerxía e minaría tan só executaron o 25,8 por cento, en desenvolvemento empresarial o 13,4 por cento, e o 12,4 por cento en comercio.
Finalmente, sinalou a alta dificultade de acceso a medidas como o tique eléctrico social, que ademais afecta a tan só 3.232 fogares, apenas o 10 por cento dos fogares sen ingresos.
R.