Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

BNG y servicios de emergencias gallegos reclaman mejoras para evitar que se repita el caos del 15 de octubre

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

O obxectivo é que non se volva a repetir a “situación caótica” do 15 de Outubro coa vaga de lumes. No encontro, no que tamén participou o deputado , Xosé Luís Rivas, os representantes dos servizos de emerxencias trasladaron ao BNG a necesidade dun Mapa de Urxencias por isócronos, segundo afirmou, a traballadora do 112, Susana Camba, “para atender aos galegos e galegas en función de onde estean situados de verdade e non en función da súa situación política”.

A preguntas dos xornalistas sobre a participación dos diferentes colectivos e formación políticas como integrantes da Mesa de Emerxencias, a portavoz nacionalista afirmou non ter recibido no grupo parlamentario do BNG ningunha solicitude para asistir e recalcou que os propios traballadores e traballadoras denuncian “a regresión” nos diferentes dispositivos de emerxencias. Despois da xestión do accidente de Angrois, dixo, “foron eliminados algúns instrumentos que permitían a coordinación”, entre os que destacou o acceso á resposta das emerxencias. Durante a crise dos incendios, remarcou, “os traballadores e traballadoras tiveron que recorrer a wasaps para coordinarse”.

Todas as medidas para mellorar os servizos de emerxencias serán benvidas, engadiu a nacionalista, e criticou que o goberno de Núñez Feijóo fragmentara o servizo que, ao seu xuízo, provocou un “retroceso” ao volver a unhas brigadas municipais de extinción ineficaces. Está ben que se convoque unha Mesa de Emerxencias pero sería bo coñecer “a vontade política do goberno” e a súa disposición a “recoñecer os erros e responsabilidades” e sobre todo, se vai mudar todo aquilo que non está a funcionar.

O servizo de emerxencias é un servizo “sensible” que traballa para protexer ás persoas e nos últimos tempos, “non se mellorou a prestación destes servizos”, mesmo se está a dificultar a súa coordinación. Neste sentido, culpabilizou ao presidente da Xunta, Aberto Núñez Feijóo e ao vicepresidente Alfonso Rueda da situación “caótica” pola falta de coordinación provocada nos servizos de emerxencias en Galiza.
R.