Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

En Marea presenta una enmienda a la totalidad de la Ley de espectáculos públicos que, según el PPdeG, dota de mayor seguridad a los eventos

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

La normativa recoge aspectos como la seguridad, los controles de acceso, el papel de las administraciones en cada caso, los horarios, la prohibición de la reventa de entradas, o mismo las sanciones en caso de que en algún momento se produzca un incumplimiento. Esta ley otorga una relevancia especial a la protección integral de la infancia y de la adolescencia, recogiendo una remisión a los deberes introducidos por la normativa vigente en materia de prevención del consumo de bebidas alcohólicas en personas menores de edad.

La Ley establece la prohibición de celebrar espectáculos públicos o actividades recreativas que inciten a discriminaciones por razón de raza, identidad de género, orientación sexual, religión, opinión, discapacidad o cualquier otra condición o circunstancia personal o social.

A partir de la entrada en vigor de la Ley, los ayuntamientos tendrán potestad para poder realizar ampliaciones del horario sobre los establecidos normalmente, y se regula el servicio de control de acceso, que debe contar con personal habilitado conforme a la normativa autonómica Se recogen también los supuestos en los que estas actividades tienen la obligatoriedad de contar con planes de emergencia y de autoprotección. Particularmente en relación con la seguridad de las personas usuarias, destaca la consideración como infracción muy grave del hecho de superar la capacidad máxima de público cuando comporte un riesgo grave para la seguridad de personas o bienes. La sanción podría llegar a los 600.000 euros y mismo a la prohibición de desarrollar la actividad.

La normativa recoge aportaciones tanto de la Fegamp, como de los colectivos involucrados, cumpliendo así con el compromiso adquirido del Gobierno gallego de aprobar una Ley con el máximo consenso de todas las partes. Además, en esta misma línea el titular de la Vicepresidencia recordó que el borrador de la Ley estuvo en exposición publica en el Portal de Transparencia para que los ciudadanos pudieran enviar sugerencias, aportaciones o mismo alegatos.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

O Proxecto de Lei de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia que se someteu a debate no Parlamento, “debe devolverse ao Goberno por manifestos defectos difíciles de remediar”. Así o defendeu a parlamentaria Ánxeles Cuña, para quen as emendas parciais non subsanarán as eivas do proxecto , “que carece de consenso, é demasiado abstracto e non achega a suficiente seguridade xurídica, motivos suficientes para presentar unha emenda á totalidade”.

Para elaborar o borrador, presentado na Cámara polo vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda, non se chamou nin escoitou ás asociacións de consumidores, nin a promotores/as e axentes implicados en distintas áreas, nin a axentes do sector da chamada industria creativa, nin a asociacións doutros sectores do espectáculo. “Claramente faltan puntos de vista”, sinalou Cuña antes de preguntarse “como se pode desenvolver con mínimos encontros a nivel técnico e político un debate pendente dende hai décadas”, dixo en referencia á falta de consenso e transparencia do que adoece o texto.

Parte, ademais, dunha premisa errada dende o punto de vista de En Marea: equipara cultura e espectáculo. “Pretende equiparar todo tipo de actividades culturais e recreativas sen diferenzar o seu carácter lucrativo, cultural ou unicamente recreativo”, sinalou Ánxeles Cuña “e incluír actividades culturais e artísticas sen ánimo de lucro como un monólogo na categoría de espectáculo público é desproporcionado e lesiona dereitos fundamentais como a liberdade de expresión ou o coñecemento libre”.

En Marea reivindica unha nova lei que permita un equilibrio entre os principios da liberdade de expresión e creación, a seguridade das persoas e a convivencia. “A ansia reguladora non pode amordazar a expresión de liberdades esenciais deixándoo todo supeditado á dinámica do mercado”. Para En Marea o catálogo de infraccións e sancións é desproporcionado, pois “por non definir, non define nin o que é un establecemento público que evitaría gravar con trámites administrativos e sancións económicas actividades que nada teñen que ver coa oferta de espectáculos ou actividades recreativas, senón coa creación estética e o libre exercicio da crítica intelectual”.

Ánxeles Cuña lembrou que a lei chega “moi tarde”, pois Galicia é das últimas Comunidades Autónomas en contar cunha norma propia, e súmase á tendencia do actual Goberno da Xunta de afogar a creación artística e a cultura do país, “á que xa lle aplicaron estes anos todo tipo de recortes ata levala á precaria situación na que se atopa”. A emenda á totalidade de En Marea foi rexeitada cos votos en contra do PP e a abstención de PSdeG e BNG, polo que prosegue o seu trámite parlamentario.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

A portavoz de Facenda e Administración Local do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, criticou a falla de consenso na Lei de Espectáculos públicos e actividades recreativas, que comezou hoxe o trámite parlamentario. A responsable socialista presentou as 45 emendas que presentan os socialistas a un texto “necesario pero insuficiente”.

Rodríguez Rumbo reclamou un texto “claro e transparente, consensuado co sector, adaptado á realidade do país e que compile a normativa” sobre esta competencia. Sinalou que Galicia é a última Comunidade Autónoma en regular os espectáculos, malia que dispón da competencia dende 1995 e conta con 9 normas diferentes emitidas polo goberno galego sobre a mesma materia.

Explicou que as 84 propostas socialistas trasladan as demandas do sector, as asociacións de veciños, asociacións de consumidores e usuarios e concellos que non incluíu o goberno galego e están dirixidas a mellorar o contido do texto. Apuntou que a Xunta apenas avisou a 9 organizacións, recibiu 53 alegacións de 6 delas e só aceptaron parcialmente unha proposta, mentres só admitiron 4 das 13 propostas remitidas pola Fegamp.

A parlamentaria socialista advertiu ademais que o texto foi presentado sen incluír informe da Comisión Galega de Cooperación Local, malia que obriga aos concellos a asumir novas competencias sobre a materia pero sen incluír recursos adicionais. Así, os gobernos locais deberán asumir a regulación de horarios, autorizacións extraordinarias, inspección e control ou a incoación de expedientes sancionadores.

Reclamou ademais a incorporación do informe do Consello Económico e Social, xa que, segundo sinala o propio goberno galego, afecta ao desenvolvemento social e económico de Galicia. Explicou que de acordo co IGE, as actividades artísticas, recreativas e outros servizos supoñen o 3,5 por cento do PIB, representan o 7,8 por cento dos postos de traballo e o 7,32 por cento das horas traballadas en Galicia.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

No debate do Proxecto de Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas, o deputado Luís Bará anunciou que o BNG presentará máis de trinta emendas a un texto con “moitas carencias” que debe ser corrixido no trámite parlamentario iniciado hoxe.

Tras a presentación do anteproxecto, Bará replicou ao vicepresidente, Alfonso Rueda que, unha vez máis, o Partido popular procedeu “sen transparencia e consenso” e algúns colectivos da hostalería, salas de festas e verbenas, explicou o nacionalista, participaron pero de “maneira aparente”. Vostedes non aceptaron as súas suxestións, “aplicaron o rodillo e de 67 alegacións, rexeitaron 63” e por outra parte, engadiu, outros colectivos do ámbito musical e audiovisual tampouco foron consultados como, Produtores técnicos de Galiza e organizacións culturais e de música tradicional, afectados tamén pola aplicación desta lei.

O Partido popular leva 9 anos de goberno e non resolveu o “baleiro normativo” a pesar de contar con competencias dende o ano 1996 mentres noutras comunidades existe esa regulación. O problema fundamental deste texto, remarcou Bará, é a “pretensión de incluír na lei actividades moi diversas e dispares”. Dende o BNG queremos chamar a atencións sobre os espectáculos de carácter lucrativo, doutras activades que non teñen esta natureza polo que o texto debe ser “adaptado á realidade de Galiza”.

Moitos dos espectáculos teñen difícil encaixe nesta lei que ademais conta cunha disposición a modo de “caixón de xastre” para introducir realidades diversas. Dende o BNG tamén consideramos que este apartado é “moi mellorable” sobre todo naqueles espectáculos que congregan e menos de 100 persoas.

Outro dos aspectos que debe ser corrixido é das relacións cos concellos porque o anteproxecto traslada ás entidades locais competencias da propia Xunta no relativo á ampliación e regulación de horarios, inspeccións e sancións o que resultaría unha sobrecarga para os pequenos concellos. A non ser, dixo Bará, que a previsión sexa encargar a “determinadas empresas” as inspeccións e así externalizar este servizo.

No texto tamén figura que a Xunta e deputacións “poderán” prestar apoio aos concellos pero a nós, manifestou Bará “isto non nos vale” polo que propoñemos que Xunta e deputacións “deberán prestar” esa colaboración ante a imposibilidade dos concellos para asumir esa función.

Finalmente, o nacionalista tamén se referiu ao réxime xurídico de intervención administrativa que ao , ao seu xuízo, presenta grandes “contradicións”, réxime aplicado polos concellos dende o ano 2013 e que agora vostedes modifican na lei o que provocará “un galimatías de actividades” sometidas a por diferentes réximes creando “inseguridade xurídica” e máis confusión aos profesionais, técnicos dos concellos e a cidadanía en xeral que non saberán a que réxime acollerse. Dende o BNG propomos “un réxime único” como tamén reclama a FEGAMP.
R.