Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

La oposición pide que se retire el cartel con el que la Xunta de Galicia pretende conmemorar el Día contra la Violencia Machista

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Xunta destina 20.000 euros para o desenvolvemento de accións de prevención da violencia de xénero e atención ás súa vítimas, levadas a cabo pola Asociación Rede contra os malos tratos e a Asociación Mirabal.

Susana López Abella, asinou os convenios de colaboración coas presidentas de ambas asociacións, Ana María Saavedra e Rosario Otero, de Mirabal e da Rede de mulleres contra os malos tratos de Vigo, para o desenvolvemento por unha banda de accións enmarcadas na campaña de loita contra a violencia de xénero, dirixidas a sensibilizar á poboación sobre esta lacra, e por outra accións de apoio social e acompañamento con vítimas da violencia machista: información, apoio na realización de trámites legais, apoio no intercambio de menores, acompañamento a xuízos, entre outros.

Ambas asociacións levan a cabo accións de sensibilización e prevención da violencia de xénero, así como prestar apoio e acompañamento ás vítimas da violencia de xénero, sempre en colaboración e coordinación cos servizos públicos, como servizos socias, centros de información ás mulleres, centro de recuperación integral para mulleres que sofren violencia de xénero, rede galega de acollemento, correspondentes en cada caso.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

En Marea rexistrou no Parlamento de Galicia unha iniciativa reclamándolle á Xunta a retirada inmediata da campaña anunciada para o 25N, con motivo do Día Internacional contra as Violencias Machistas. A voceira de Igualdade do grupo parlamentario, Paula Quinteiro, tildou de “inaceptable” o lema e a imaxe da campaña, pois a maiores de “non incorporar a perspectiva de xénero e o feminismo que precisamos, desprende machismo e paternalismo”.

“As mulleres non somos cousas, somos persoas”, sinalou Quinteiro en referencia á equiparación da muller con elementos do Patrimonio “colocándonos como meros suxeitos, cando somos suxeitos con capacidade libre de decidir, non elementos patrimoniais a defender”. Para En Marea nestas campañas “sería fundamental poñer o foco nas violencias que sufrimos as mulleres e nas medidas que precisamos para combatelas”.

Quinteiro lembrou que “é a segunda campaña lamentable en menos dun mes, pois aínda está recente a balsa de residuos tóxicos como reclamo turistico na campaña #DameGalicia” e engadiu que “gustaríanos saber quen son os responsables destas decisións porque é evidente que algo está fallando”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

O mellor que pode facer a Xunta coa campaña institucional contra a violencia machista ás portas do 25N é admitir o seu erro e retirala de inmediato. Así o reclama o BNG, cuxa portavoz nacional, Ana Pontón, considera que a campaña é un “esperpento” que reproduce estereotipos machistas, os mesmos que están detrás da violencia contra as mulleres.

“Hai que ter campañas de concienciación contra a violencia machista pero é esperpéntico que a Xunta poña en marcha unha campaña paternalista que cousifica ás mulleres reproducindo estereotipos que están detrás da violencia de xénero”, salientou a dirixente nacionalista.

“Esta campaña atenta contra a dignidade das mulleres e en vez de loitar contra a violencia de xénero reproduce os estereotipos machistas, causa última dunha violencia que leva moitas vidas arrasadas, ben polos asasinatos machistas, ben polo cada día que soportan milleiros de mulleres”, afondou Pontón, quen o Goberno de Feijóo só ten unha vía posible, a rectificación.

“O que deber facer a Xunta é recoñecer o seu erro e retirar esta campaña, porque é un auténtico contrasentido, e sorprende que non haxa máis coñecemento de cales son as causas de violencia e cal debe ser a óptica contra a violencia de xénero. Debe retirar a campaña”.
R.