Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El Parlamento de Galicia aprueba urgir al Gobierno gallego a que desarrolle la Ley de Accesibilidad

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

A responsable socialista apunta que esta Lei, de 3 de decembro de 2014, fixaba un prazo de dous anos para aprobar o seu desenvolvemento, un trámite que o goberno galego aínda non atendeu, provocando “numerosos problemas” nas edificiacións. Apunta á inseguridade xurídica para as novas construcións, sinaladamente para negocios en locais comerciais.

Naqueles casos, apunta, o baleiro legal autonómico deixa a solución ao albur dos concellos, provocando que “a anarquía e a disparidade de criterios segundo as vilas ou cidades sexa a regra xeral”. A interpretación por cada concello galego provoca “serias desigualdades en toda Galicia” de cara aos mínimos de accesibilidade cando, subliña, “a discapacidade non sabe de cidades, pobos ou vilas diferentes”.

Pierres apunta que “é preciso afrontar de urxencia a posta en marcha deste regulamento, que vele principalmente pola mellora da accesibilidade universal e clarificar as condicións de construción dos espazos de carácter público, os máis afectados por este regulamento”.

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia para que aprobe, antes de que finalice o primeiro semestre de 2018, o regulamento de desenrolo da Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade, e o código de accesibilidade que contemple todas as normas técnicas aplicables na materia”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O Grupo Popular apoiou no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se solicita á Xunta que aprobe, antes de que finalice este ano, o regulamento que desenvolve a Lei 10/2014 de accesibilidade, e o código de accesibilidade que contemple todas as normas técnicas aplicables na materia. A deputada popular Marta Rodríguez-Vispo manifestou que “a accesibilidade é un dereito da persoa e como tal debemos tratalo para conseguir a equiparación de oportunidades e a plena participación na sociedade das persoas que teñen máis dificultades”.

Neste sentido, lembrou que na pasada lexislatura aprobouse a Lei 10/2014 de accesibilidade, “un texto que integra todas as leis e disposicións, tanto nacionais como internacionais, ao tempo que adapta a lei do ano 1997 á realidade actual”.

“Todos os que aquí estamos concordamos que a participación plena na sociedade das persoas con diversidade funcional e poder exercitar os seus dereitos en todos os ámbitos, está claramente influída polas dificultades de accesibilidade”, sinalou Rodríguez-Vispo, quen engadiu que no PPdeG “somos conscientes da necesidade de seguir traballando para que a accesibilidade sexa un principio na práctica cotiá, de maneira que todas as persoas poidan acceder de forma máis autónoma e natural posible a calquera contorno, servizo ou produto con independencia das súas capacidades”.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del PSdeG
R.