Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

La capital gallega presenta en Madrid una demanda contra Carmen Franco y para exigir la devolución de las esculturas del Mestre Mateo

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:

O alcalde de Santiago confirmou que xa foi presentada no Xulgado de Primeira Instancia de Madrid a demanda civil contra Carmen Franco, para esixir a devolución ao Concello das figuras de Abraham e Isaac, obras do Mestre Mateo que están en posesión da familia Franco. Martiño Noriega detallou que a acción xurídica foi interposta a través dun poder notarial, e sinalou que "a asesoría xurídica municipal estima que o máis probable é que a sentenza se demore polo prazo dun ano".

O alcalde insistiu en que a demanda presentada polo Concello "engade toda a documentación que demostra que o Concello é o lexítimo propietario das dúas pezas, ao tempo que incorpora informes de expertos de prestixio tanto no relativo á identificación das figuras como ao contexto no que pasaron a mans do ditador".

Ademais, Martiño Noriega incidiu en que "na demanda afrontamos xa a posibilidade de que a familia Franco alegue a prescrición para quedar coas figuras, argumentando que as pezas forman parte do patrimonio público e polo tanto nin poden ser cedidas nin agasalladas nin hai lugar á prescrición". De feito, o alcalde insistiu en que "así aparece recollido non só na actual lei, senón tamén nunha lei da República que non se chegou a derogar durante a ditadura franquista"

O rexedor recoñeceu que o Goberno non descarta "incorporar á demanda a petición dalgunha medida cautelar, tendo en conta que as figuras de Abraham e Isaac forman parte dunha exposición que se poderá ver ata o mes de febreiro no Pazo de Xelmírez". Segundo Martiño Noriega, "esa decisión tamén estará condicionada pola posibilidade de que esa mostra viaxe a outras cidades do mundo para exhibir a obra do Mestre Mateo".

O alcalde valorou especialmente que a presentación da demanda chega precedida por un amplo consenso sobre a necesidade de recuperar as pezas, "unha unidade que se demostrou no Pleno do Concello de Santiago, no Parlamento Galego e no Congreso dos Deputados". Para Martiño Noriega, "esta unidade avala que o Concello afronte por primeira vez en 30 anos a vía xudicial como única vía posible para recuperar as pezas do Mestre Mateo".
R.