El PSdeG denuncia que la Xunta mintió sobre la candidatura de Galicia al laboratorio europeo de bivalvos al no comunicar que sería suprimido
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/mariscadores_mejillon_2.jpg)
Torrado cualificou de “moi grave” esta situación, xa que “ao decidir ocultar a información e optar pola opacidade nos fixeron perder a todos e todas a posibilidade de traer un laboratorio de referencia para o que Galicia está sobradamente preparada”. Lembra que a UE comunicou formalmente esta decisión o pasado 17 de maio, “ante o que España, que asinou o documento, nin sequera presionou para manter o laboratorio”.
O socialista acusou ao presidente da Xunta de “intentar mentir para gañar un puñado de titulares, por unha visión pateticamente curtopracista” coa conclusión dun “ridículo espantoso” do goberno galego. O responsable socialista presentará unha batería de iniciativas parlamentarias “para esixir que expliquen os motivos polos que mentiron, quen é o responsable e reclamar que depuren responsabilidades políticas”.
Julio Torrado lembra que a pesares desta comunicación, o 11 de xullo a conselleira respondía a unha pregunta oral afirmando que o goberno traballaba na candidatura de Galicia e exhortando a “non facer debate político”. A continuación, o 10 de outubro era aprobada de forma unánime unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para presentar a Galicia como “a mellor candidatura” para o laboratorio.
A continuación, o 25 de novembro, tiña lugar a citada visita de Feijóo ao Intecmar de Vilaxoán, onde avalaría a candidatura para o laboratorio, que supostamente tería que ser trasladado como consecuencia do Brexit –hoxe atópase na localidade británica de Weymouth-.
R.