La Oficina Técnica da Seca mantiene la alerta en Galicia porque el caudal de los ríos se mantiene por debajo del 52%
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/grifo_agua.jpg)
A Oficina Técnica da Seca propuxo manter a declaración de alerta por seca en toda a Demarcación Hidrográfica Galicia- Costa, debido a que o caudal circulante dos ríos aínda se atopa a un 52% por debaixo do caudal histórico propio desta época.
Esta é unha das principais conclusións á que se chegou esta mañá na reunión da Oficina Técnica da Seca, presidida polo director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, na que se analizou a situación dos recursos hídricos da Demarcación Galicia- Costa. Os técnicos concluíron que, con carácter xeral, apréciase unha recuperación dos caudais circulantes dos ríos de Galicia-Costa dun 30% respecto dos caudais que levaban os días previos á borrasca Ana.
A pesar desta subida xeral, os ríos da demarcación seguen un 52% por baixo do caudal que historicamente circula de media nesta época do ano; e indicaron que é posible que baixen nos próximos días, pois aínda se está a producir a estabilizacións dos mesmos, despois das chuvias da semana pasada. As concas do sur da Demarcación (Pontevedra) e do noroeste (a Mariña lucense) foi onde se notou unha maior melloría, aínda que a borrasca beneficiou a todas as concas da demarcación.
Indicaron que tamén se aprecia unha suba nalgúns dos pozos piezométricos que Augas teñen distribuídos pola Demarcación para valorar o nivel das augas subterráneas, que se poden considerar leves ou imperceptibles nalgunhas zonas.
En relación coa situación dos embalses, estes tamén melloraron e a media sitúase no 65,9%, empuxada principalmente polo enchido do encoro de Eiras (ao ser o máis grande dos existentes inflúe bastante no dato medio).
A OTS recoñece a melloría en xeral, pero a situación segue lonxe da situación de normalidade, e a modo de exemplo expuxeron os datos dos encoros de Forcadas (que abastece á area metropolitano de Ferrol) e Cecebre (abastece a área metropolitana da Coruña), que están un 20% por baixo do normal e mesmo no sur, Zamáns, atópase ao 40% por baixo do normal ou Baiona, un 50% por baixo tamén do normal.
De feito, indicaron que se non se contabiliza a situación de Eiras para o cálculo da media de ocupación, o resto de embalses de abastecemento é de 51,9 %, un dato moi lonxe da media histórica dos últimos 10 anos, un 68%.
Á vista desta situación é necesario manter a situación de alerta, un decisión que tamén está avalado tendo en conta a predición meteorolóxica para as vindeiros días, que prevén unha semana seca, sen previsión de novas precipitacións ata despois da xornada da festividade do Nadal, día no que se prevé o desprazamento do anticiclón. Por tal motivo, desde a OTS, que volverá a analizar a situación a principios de xaneiro, inciden na necesidade de reducir o consumo de auga.
R.