Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Los políticos gallegos valoran el discurso del Rey. PPdeG y PSdeG destacan el tono conciliador y acertado de un mensaje que En Marea y BNG critican

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

“A receita aconsellada polo Rei baséase na solidariedade territorial, na busca da cooperación entre todos para seguir percorrendo xuntos o camiño que iniciamos hai 40 anos”, afirmou, e engadiu que o discurso foi valente e responsable. A modo de exemplo, destacou que o monarca non esqueceu ningún dos temas que preocupan aos españois, como o desafío soberanista ou a situación económica que aínda que é cada vez mellor segue a ser motivo de preocupación para miles de persoas. Tamén puxo en valor outras referencias como a loita contra novos desafíos como o terrorismo yihadista que este ano puxo a súa mirada tamén no noso país, así como a violencia de xénero e o cambio climático.

Tellado valorou que Felipe IV puxera en valor os logros acadados nos últimos anos e lembrou que todos eles foron conquistas baseadas nun espírito integrador que foi clave para chegar ata aquí. Así mesmo, subliñou o recoñecemento do monarca dun país con marxe de mellora pero que igualmente apostara por non esquecer os nosos logros como pobo. “Felipe IV representa máis que nunca a todos os españois cando expresa a súa defensa da Constitución e do noso ordenamento xurídico”, engadiu, e considerou que “a equidistancia non é unha opción fronte aos que non dubidan en alterar a convivencia de todo un país”.

Nesta mesma liña, apuntou que non foi o discurso onde se poden sentir cómodos os separatistas nin aqueles que se avergoñan da nosa propia historia recente. “Pero si foi unha intervención na que a inmensa maioría dos españois poderían subscribir”. Tellado concluíu que o Rei pode contar co PPdeG na defensa dos principios defendidos onte no seu discurso e ter a completa seguridade de que “compartimos obxectivos e inquedanzas”. Neste senso, finalizou asegurando que mentres que os populares galegos teñan responsabilidade de goberno na Comunidade, Galicia será un territorio leal e responsable coa Constitución e co Estado das Autonomías, así como co ordenamento xurídico e todas as institucións do Estado. “E iso inclúe a Monarquía e ao seu Rei”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, dixo que o discurso do xefe do Estado “estivo nesta ocasión medido nos contidos e foi equilibrado nun ton conciliador”. Engadiu que “abordou a cuestión catalana, pero tamén incorporou unha axenda con outros temas políticos e sociais relevantes para a cidadanía”, malia que “estes discursos teñen unha importancia relativa na sociedade actual e obteñen un seguimento limitado”.

Advertiu que “os socialistas compartimos a relevancia histórica da construción e consolidación da democracia de España nas últimas décadas, a pesares das debilidades existentes”. Dixo que “coincidimos en defender o Estado social e democrático de dereito á vez que entendemos unha España aberta, solidaria, plural, diversa, con espírito integrador e de concordia”.

“Nesta liña argumental –continúa Caballero- o xefe do Estado interveu nun senso positivo para contribuír a acadar un escenario político en Cataluña cun espírito de convivencia e respecto mutuo entre a cidadanía”. Apunta que “os socialistas consideramos que máis alá da cuestión catalana, a cidadanía require de respostas políticas a aqueles temas sociais que máis lle preocupan”.

Valorou positivamente as referencias á desigualdade social, á calidade do emprego, á corrupción, ao cambio climático, á violencia de xénero, a Europa ou ao terrorismo xihadista. Puntualiza que “habería outros temas de axenda social que teñen relevancia tamén para ser tratados, pero entendemos que a brevidade do discurso limita a axenda de contidos”.

Finalmente, o secretario xeral do PSdeG-PSOE rematou a súa valoración salientando a referencia a “asumir unha España en movemento con capacidade de evolucionar e adaptarse”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

O voceiro de En Marea, Luis Villares, considera que o discurso de Felipe VI demostra que está “máis preocupado pola propia pervivencia da monarquía que polos problemas da xente”.

A deputada e voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, asegurou que “é lastimoso” ver que “un Xefe de Estado reproduce o discurso do Goberno do Partido Popular” e que está “alonxado da realidade”.

Para En Marea, o discurso de nadal de Felipe VI demostra que “non entende nin en que país vive nin cales son os problemas da xente” e que está “alonxado da realidade”, aseguraron Luis Villares e Yolanda Díaz.

“O discurso de Felipe VI demostrou de novo o inapropiado da institución nos tempos de hoxe e o incumprimento das funcións que a Constitución lle ten reservadas”, sinalou Villares.

“As súas palabras están dirixidas a unha minoría e esquece os problemas que golpean ás maiorías sociais como a desigualdade ou a pobreza”, afirmou Yolanda Díaz, insistindo en que “de nada serve que lembre algúns problemas que recolle o CIS sen aportar solucións”.

Neste sentido, a desigualdade, a corrupción, ou o carácter plurinacional do Estado, ademais dunha preocupación “deberían ser os principais retos e obxectivos de todas as institucións do Estado”.

“Facer como que son problemas superados, alleos á actuación pública ou pregarse as posicións do Goberno do PP son unha vía partidaria de afrontar os problemas”, sinalou a deputada.

Díaz considera que a cuestión territorial para afrontan o carácter plurinacional do Estado ou a corrupción “non poden ter solución coa actuación unilateral do Goberno” polo que o feito de que o xefe do Estado se pregue a estas posicións “sitúao máis no lado dos problemas que das solucións”.

“O rei debe ser o único que non coñece o caracter plurinacional do Estado e a existencia e a coexistencia desta pluralidade que é enriquecedora”, asegurou Villares, denunciando que no caso de Cataluña “tomou partido” erixíndose como valedor dunha parte nun conflito “onde a cidadanía só reclamaba poder expresarse en liberdade nas urnas”.

Para Villares, neste discurso Felipe VI pasa de puntillas no eido social, sen incidir nos problemas da xente e sobre todo sen sinalar “quen son os resposables de que moitas persoas non cheguen a fin de mes, do deterioro dos servizos públicos ou dos motivos da emigración dos mozos e mozas no noso país, encubrindo deste xeito as políticas que nos trouxeron a esta situación, tanto do PP como do Ibex 35”.

En definitiva, En Marea considera que se trata dun discurso “máis preocupado pola propia supervivencia da monarquía que polos problemas da xente” polo que nos reafirmamos “nos nosos valores republicanos de cidadanía, democracia e xustiza social”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón cualifica a mensaxe do Rei de “previsible e inmobilista” e carente de sensibilidade para o momento social e político que estamos a vivir.

Para a dirixinte do BNG o Rei incidiu na defensa dunha idea “desfasada” de Estado español na que miles de cidadáns non nos vemos reflexados. “Un discurso que non nos representa” e que en todo caso, nos reafirma no “obsoleta que está a institución da Monarquía e na necesidade de superar o actual marco”.

Por outra parte, Pontón considera que o Rei perdeu unha oportunidade de recoñecer os seus erros e os erros do Estado español en relación a Catalunya cunha mensaxe que demostra non entender o resultado que democraticamente acaban de decidir os cidadáns de Catalunya a través do proceso electoral. “Hoxe queríamos escoitar unha mensaxe na senda de avanzar no recoñecemento da plurinacionalidade, no recoñecemento das nacións sen estado e que hai que dar un paso adiante para que esa plurinacionalidade e o recoñecemento dos dereitos desas nacións.

Resulta evidente que no aspecto social, “o Rei asume a tese oficial do Partido popular de que a crise está superada” e non quere ver os graves problemas e desigualdade que seguen existindo. Galiza estivo ausente do discurso, “ningunha mención aos nosos problemas nin a mocidade emigrada e que hoxe non pode celebrar o Nadal coas súas familias”. Un discurso sen a sensibilidade que este momento político require, remarca Pontón.

Fotografía: http://www.casareal.es/ES/Actividades/Paginas/actividades_actividades_detalle.aspx?data=13413
R.