Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

La capital de Galicia acoge un concierto de Navidad de la Sociedad Filharmónica Rías Baixas y visitas del Apalpador

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:

A música será a gran protagonista na programación de Nadal de Compostela o mércores 27 de decembro. A Sociedade Filharmónica Rías Baixas tráenos o Concerto de Nadal, interpretado por un cuarteto de corda formado por Anca Smeu (1º violin), Plamen Velev (cello), Elina Viksne (2º violín) e Natalia Madison (viola), e coa soprano Indra Sesti Di Lucca. O Teatro Principal acolle este concerto, que comeza ás 20:30 horas. As entradas mércanse por 9 € no despacho de billetes do Teatro Principal, aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18:00 a 21:00 horas. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20:00 horas.Tamén se poden adquirir a través de entradas.abanca.com.

Outra das actividades destacadas da xornada é o paseo nocturno con saída en San Fiz de Solovio ás 20:00 horas. Estes paseos relacionan o ciclo do Nadal con Compostela e Galicia. A través deles, visítanse espazos relacionados cos ritos típicos, os cantos e a gastronomía desta festividade, tanto no pasado coma na súa transformación ao longo do tempo e no presente. A actividade é de balde e para participar requírese inscrición previa en: paseos.compostela@maos.gal. Haberá outra saída nocturna o día 3 de xaneiro.

O Apalpador continúa as súas visitas á rede de centros socioculturais de Compostela. O mércores pasará polo LSC Brañas de Andrés (18:00 h), polo LSC de Amio (19:30 h) e polo CSC de Conxo (20:00 h). Alí narrará contos e lendas de Nadal. Ademais, haberá pequenos agasallos e caramelos para todos e todas.