Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

En Marea presenta ante el Tribunal Constitucional el recurso sobre el veto del Gobierno al traspaso de la AP-9

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

Os voceiros no Parlamento e no Congreso, Luis Villares e Yolanda Díaz, anunciaron que En Marea vai seguir loitando para que se defenda “o mandato popular no noso país para esixir ao Goberno do Estado a transferencia da AP9”.

“En Marea é o unico grupo no Congreso que defende o mandato popular do noso país. Esgotamos a vía administrativa, por iso formalizamos o recurso diante do Tribunal Constitucional”, sinalou Yolanda Díaz, que formalizou onte o rexistro no Tribunal xunto con todo o grupo de En Marea no Congreso.

O voceiro de En Marea, Luis Villares, denunciou que o Partido Popular “di unha cousa na cámara galega e outra no Congreso” polo que desde En Marea “non imos consentilo e chegaremos ata ao final na defensa dos intereses do noso país porque non queremos mordazas en democracia”.

Villares insistiu en que “non existen razóns legais para ese veto”, por iso En Marea denuncia que mañá Rajoy veña inaugurar a ponte de Rande se dar “ningún tipo de explicación a este veto” e a “aplaudir a suba das peaxes”.

“Mañá na inauguración da ampliación da Ponte de Rande teremos un Rajoy anunciando un roubo e a un Feijóo aplaudindo ese roubo”, denunciou Villares.

Pola súa banda, Díaz denunciou que é “lamentable” que mañá Rajoy esté inaugurando esta ponte da AP-9 cando “non deu explicacións sobre por que está a bloquear o debate da transferencia da autopista”.

“Pedimos amparo ao Tribunal Constitucional porque se nos impide a nosa función de lexislar. Por eso esperamos que nos de a razón aos deputados e deputadas de En Marea”, explicou a deputada, que incidiu en que En Marea bota en falta no Congreso o apoio do resto de deputadas e deputados galegos.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de En Marea
R.