El alcalde de la capital de Galicia califica de históricos los datos de usuarios del aeropuerto en 2017 que superaron los 2.6 millones
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/aeropuerto_santiago_nuevo.jpg)
Martiño Noriega puxo o acento no dato do mes de decembro, cando pasaron por Lavacolla algo máis de 200.000 usuarios, un 15% máis que no mesmo mes de 2016. Para o alcalde, "este volume de pasaxeiros mostra que imos no camiño correcto para lograr a desestacionalización do turismo, que se vén fixando como reto do sector dende hai anos". Ao tempo, o alcalde incidiu en que "os datos de Lavacolla fannos insistir na importancia da gobernanza do turismo, e reafírmannos en medidas como a moratoria das licenzas hoteleiras na cidade histórica e en propostas como a da taxa turística".
O rexedor mostrouse convencido tamén de que "a tendencia en Lavacolla seguirá sendo á alza nos próximos exercicios, ata o Ano Santo de 2021". Preguntado pola creación da Comisión organizadora do Xacobeo 2021, anunciada onte pola Xunta, expresou o seu desexo de que "sexa un espazo de coordinación real, tanto de programación como de esforzos económicos". Tamén avogou porque a persoa elixida para dirixir esa comisión "sexa unha persoa de consenso" e reiterou a vontade do Concello "de traballar coa Xunta porque as administracións teñen que colaborar e non competir para celebrar o Ano Santo de 2021".
R.