Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El secretario xeral del PSdeG pide a Feijóo que abra los ojos para ver que los gallegos piden una sanidad pública de calidad

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

O grupo parlamentario de En Marea preguntará o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, polo colapso nas urxencias que unha vez máis vive o noso sistema sanitario público. Un colapso que como asegurou o voceiro Luís Villares non se da so neste servizo senón en todo o sistema a consecuencia da “gripe” do Goberno Feijóo e a súas continuas políticas de recortes que están a deixar sen persoal a sanidade galega. “Temos un bo sistema sanitario infradotado de persoal co obxectivo de derivar a privada” asegurou Villares.

En Marea levará ao pleno da Cámara unha iniciativa na que se denunciará o problema de contaminación por Lindano en Porriño orientada tanto as consecuencias negativas sobre a saúde das persoas e o medio ambiente. Os proxectos de megaminería como o de Touro que se están a levar a cabo sen control administrativo será o tema que centrará outra das iniciativas do grupo parlamentario en pleno.

Unha vez máis En Marea falará da AP-9 ante o pleno da Cámara denunciando unha vez máis a intolerable subida de prezos da peaxe que supón “un novo sablazo tanto ás familias como ás empresas que perderán competitividade ao aumentar os seus gastos”. O voceiro de En Marea lamentou que o presidente da Xunta non vaia aproveitar a xuntanza co Ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, para falar desta subida de peaxe da que “non dixo nin pío desde o principio”.

Outros asuntos que o grupo levará serán medidas para garantir os dereitos e singularmente o da igualdade, cunha iniciativa relativa ao ensino inclusivo de alumnado para alumnado autista e outra para garantir a accesibilidade universal. Luís Villares aportou datos preocupantes relativos a Galicia no que destacou a importante diferencia no gasto por habitante relativo a servizos sociais que no noso país está en 274 euros fronte os 339 euros do Estado. Tamén no relativo a prazas de residencia para maiores onde Galicia ten un 50 por cento menos que o Estado. Tema que tamén podería aproveitar para tocar o tema do financiamento autonómico para dar solución a estes temas na xuntanza co ministro de Hacienda, Cristóbal Montoro, “pero o pagafantas non o fará por que non vai falar en representación de Galicia senón so duns poucos”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe o Hospital do Salnés acompañado dos alcaldes e cargos públicos do partido na bisbarra para coñecer de primeira man as demandas do personal sanitario. Nese marco, o líder dos socialistas galegos chamou a Feijóo a “abrir os ollos” para ver que os cidadáns estanlle reclamando “unha sanidade pública gratuita e de calidade”.

En declaración aos medios tras reunirse coa xunta de personal, Gonzalo Caballero censurou que o presidente da Xunta prefira “pechar os ollos e non ver a realidade” que está deixando en materia sanitaria: “menos camas, personal menos estable e unhas listas de espera insoportables”. “Ten que dar solución aos problemas reais da nosa Galicia”, requeriu.

Centrado nas demandas que os socialistas plantexan para mellorar a sanidade pública, esixiu a Feijóo “un cambio de política sanitaria” e a fin dos “recortes e privatizacións, que implican un aumento progresivo das listas de agarda, unha “peor” Atención Primaria e un “afastamento” dos servicios para as galegas e os galegos.

“Comezamos o ano 2018 reclamando a revitalización e o fortalecemento da sanidade pública, gratuíta e de calidade”, proclamou Gonzalo Caballero, en presenza da presidenta da xunta de personal do Hospital do Salnés, Rosa Casal, tras advertir que Feijóo deixa “un deterioro moi importante” nun servizo público de tanta trascendencia como o sanitario.

Por iso, como dixo, os socialistas traballarán no Parlamento de revertir a axenda do PP, que pretende a “desaparición” das áreas sanitarias en bisbarras como o Salnés. “É fundamental manter os servizos deste hospital e mellorar as dotacións de personal”, remarcou, sen esquecer demandas “constantes” como a dun novo centro de saúde para Vilagarcía ou unha ambulancia medicalizada para a bisbarra.

Para concluir, xunto cos alcaldes de Vilagarcía, Catoira, Cambados e A Illa, así como o deputado Julio Torrado e o senador Modesto Pose, o líder dos socialistas galegos confirmou que acudirá á manifestación do vindeiro 4 de febreiro en Santiago en defensa da sanidade pública e que o PSdeG respaldará as concentracións do dia 24 nas distintas bisbarras.

A presidenta da xunta de personal do Hospital do Salnés ratificou as palabras do secretario xeral do PSdeG e chamou a sociedade a “mobilizarse” en defensa da sanidade pública. “Imos perdendo servizos, e a sanidade non ten un bo diagnóstico”, alertou, para apelar unha vez máis a “defender a sanidade”.
R.