Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El Parlamento de Galicia reitera al Gobierno central que modifique la legislación y elimine la bonificación del IBI a Audasa en la AP-9

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade, logo dunha emenda presentada polo Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se reitera ao Goberno central que faga as modificacións lexislativas necesarias para eliminar os privilexios fiscais dos que goza a empresa AUDASA respecto da autoestrada AP-9, suprimindo a bonificación do 95 por cento do IBI e apoiando aos concellos polos que transcorre esta vía nas accións que podan levar a cabo para reclamar á empresa concesionaria o pago íntegro deste imposto.

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, lembrou que o Pleno do Parlamento do pasado 19 de decembro “xa aprobou por unanimidade unha moción a través da que se demanda ao Goberno central que faga as modificacións lexislativas necesarias para eliminar os privilexios fiscais dos que goza a concesionaria da autoestrada AP-9, suprimindo a bonificación do 95 por cento no IBI”.

Deste xeito, Fernández Prado incidiu que o acordo acadado hoxe “reitera a solicitude para que se elimine a bonificación no IBI que ten AUDASA e que os concellos poidan ingresar a totalidade deste imposto sen deducións”.

Na súa intervención, o portavoz popular manifestou que “os concellos teñen autonomía municipal para reclamar esta exención do IBI á empresa concesionaria, pero tamén contan co apoio dos servizos xurídicos das deputacións e de organismos como a FEMP ou a FEGAMP”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

O Parlamento de Galicia vén de aprobar por unanimidade iniciativa de En Marea de dar apoio aos municipios polos que atravesa a AP9 naquelas accións que consideren oportunas para reclamar o cobro íntegro do Imposto de Bens Inmobles, pois como recordou Cal na súa intervención “este beneficio tributario do que desfruta AUDASA é, en definitiva, un copagamento que asumen inxustamente as veciñas dos Concellos polos que atravesa a autoestrada”.

Logo dunha tranasación co PpdeG, a Comisión de Infraestruturas parlamentaria tamén lle deu luz verde á petición ao Ministerio de Fomento a que leve a cabo as modificacións lexislativas oportunas que permitan poñer fin a máis de 40 anos de exención do IBI a Audasa, en virtude dunha concesión administrativa franquista. O deputado Marcos Cal trasladou a proposta defendida polos concellos, que consideran “unha inxustiza que continúe aplicándose o nivel máximo de redución permitido pola lexislación nunha construción que está máis que amortizada e xera beneficios millonarios cada ano.”

“Entendemos que a Xunta de Galicia debe poñer os seus recursos ao servizo dos galegos e as galegas para tratar de reverter esta situación para que unha excepción tributaria pensada para beneficiar ao Estado no seu momento non sexa aproveitada pola concesionaria para obter maiores beneficios prexudicando á cidadanía”, engadiu o parlamentario de En Marea, que puxo a AP-9 como “exemplo da privatización dos beneficios e socialización das perdas practicada polo Partido Popular, neste caso, en beneficio de AUDASA”.

Dende En Marea aseguran que seguirán trasladando ás institucións e ao goberno central a petición de transferencia da AP9 á Xunta de Galicia, e a súa recuperación para o público como servizo gratuito.
R.