Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El PPdeG se prepara para superar modas y encuestas en 2018 para mejorar los resultados municipales en 2019. En Marea confía en presidir un gobierno que releve a Feijóo

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que o seu partido prepárase neste 2018 “para gañar aos rivais, ás modas e ás enquisas”, subliñando que no horizonte dos populares están as eleccións municipais de 2019, “e toda a nosa organización está hoxe centrada única e exclusivamente neste grande desafío que temos por diante”.

Tras reunirse previamente co Comité de Cidades, o número dous dos populares galegos anunciou que mañá celebrarán unha Xunta Directiva autonómica, un evento no que tamén estarán presentes moitos alcaldes e portavoces municipais de toda Galicia. “Este fin de semana damos o pistoletazo de saída a un ano no que nos imos activar a pleno rendemento, imos cargarnos de ilusión e imos ser capaz de transmitirlle esa mesma ilusión aos veciños de cada recuncho da nosa terra”, salientou.

Durante a súa intervención en rolda de prensa, Tellado tamén lembrou que esta semana cumpríronse anos desde que Alberto Núñez Feijóo se colocase á fronte dos populares galegos, ao que engadiu que “non hai mellor momento para reivindicar o noso inconformismo, a nosa autoestima e o noso proxecto”.

Segundo sinalou, os populares son inconformistas porque, cando as cousas van mal, fan autocrítica e traballan para mellorar; cando as cousas van ben, pensan que poden ir mellor; e porque son un partido que sabe que hai que construír desde a vitoria.

Por estes motivos, o secretario xeral do PPdeG indicou que se teñen que cargar da autoestima de ser o partido que máis se parece a Galicia, o máis votado en dous terzos dos concellos galegos, que goberna en 165 municipios da Comunidade, máis da metade deles; e que ten máis de 1.750 concelleiros ao longo e ancho da nosa terra.

Igualmente, tamén fixo referencia á autoestima de ter sido a forza política que sacou a Galicia e a España da crise económica, a que nos colocou na senda da recuperación e a creación de emprego, a que fixo que volvésemos a ser cribles ante as institucións europeas, e a que atopou uns servizos públicos quebrados e os mantivo a flote con moito esforzo.

Por último, Tellado destacou o proxecto dos populares galegos. Como manifestou, este consiste en gobernar pensando no crecemento económico e a creación de oportunidades para todos; en non ter medo ao desgaste que supón xestionar nos peores momentos, “porque sabemos que o servizo público non é sempre sinxelo”; en non pensar no poder polo poder, “senón pensar en mellorar as institucións e poñelas ao servizo dos noso veciños”; e nunha administración que non crea problemas, senón que os soluciona. “E cremos que a solución hoxe non é menos Partido Popular, senón máis Partido Popular. E aquí estamos para reivindicalo”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

O voceiro de En Marea, Luís Villares, presentou as propostas de En Marea en materia económico-empresarial convidado polo Clube Financieiro Atlántico na Coruña. No encontro con empresarios e empresarias galegas Villares apuntou factores fundamentais como a necesidade de impulsar a innovación empresarial ou a aposta por unha especialización produtiva coherente coas potencialidades do noso país. Unha das cuestións que na súa opinión é destacable é o baixo número de empresas relacionadas coa innovación ou as novas tecnoloxías ou a escasa transformación de produto primario que se da en sectores como o lácteo ou dos mobles como exemplos desta realidade.

O voceiro de En Marea destacou tamén a falla de captación de investimento estranxeiro cunha porcentaxe que considerou “ridícula” e que valorou como un “grave déficit” no noso país. O marco constitucional foi outra das cuestións as que Villares fixo referencia neste encontro co empresariado galego na Coruña salientando a necesidade de avanzar cara unha lexislación que sirva para potenciar a actividade empresarial en Galicia abandonando a visión curtoplacista e apostando de xeito real polo futuro na que o concepto de territorio cobra vital importancia.

O voceiro de En Marea, ante a falla absoluta dunha política económica adecuada para Galicia por parte do Goberno do Partido Popular, presentou e debateu co empresariado as propostas de En Marea. Nesta liña destacou a necesidade de contar cun entorno institucional no que se poda confiar e que supoña o desenvolvemento dos sectores clave para o noso país. Algúns dos puntos destacados nesta liña por Villares centrouse no desenvolvemento territorial integral, aposta polo I+D+I, ter claras as potencialidades do país sen deixar de lado ningún sector no noso país, aposta pola transformación nos sectores primarios, pero tamén no sector industrial como a automoción ou metalúrxica, incorporación da robótica a industria que non se está a atender.

“A sucesión de Núñez Feijóo da que tanto se está a falar estes días esperamos que veña a favor dun goberno de En Marea que permita desenvolver unhas políticas económicas que beneficien ao noso país” afirmou Villares. Neste sentido lamentou unha vez máis a exclusión de Galicia do Corredor atlántico despois de se coñecer que si unirá Zaragoza e Pamplona pero do que o noso país quedará fora desta infraestrutura vital para o tecido económico-empresarial galego cun retraso que pode ser mortal para as nosas empresas.

O presidente do Clube financieiro Atlántico, Mariano Gómez-Ulla de Irazazabal, agradeceu a presenza do voceiro de En Marea no seu ciclo de conferencias e as achegas económicas presentadas desde En Marea.
R.