Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El pleno del Parlamento debatirá la reforma de la Ley de salud con fuertes críticas de la oposición

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Valedora do Pobo:

A valedora do pobo, Milagros Otero Parga, trasladou o 8 de xaneiro á Consellería de Sanidade unha recomendación para que estudase fórmulas que permitisen mellorar a asistencia pediátrica nos centros galegos de saúde. Este departamento da Xunta informou á valedoría que traballará na busca de mellores condicións para o traballo nos centros de saúde, dando por atendida a petición da valedoría. A recomendación foi consecuencia de queixas chegadas de diferentes puntos de Galicia en demanda da atención continuada de pediatras en atención primaria. A última delas procede de usuarios do Punto de Atención Continuada(PAC) de Baltar, en Sanxenxo (Pontevedra). Neste caso, á carencia dun pediatra de urxencias sumouse a existencia dunha vacante desta especialidade que permanece sen cubrir. A valedoría cre que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) debería garantir aos nenos galegos a atención por un especialista de xeito continuado.

A valedora do pobo non se conforma con que a escaseza de especialistas MIR en pediatría impida dar cobertura á poboación infantil; nin con que existan dificultades para que estes profesionais opten pola atención primaria en detrimento da atención hospitalaria; nin con que á hora de se decidir por un centro de saúde, os médicos prefiran os radicados en contornas urbanas. “A asistencia médica á poboación infantil por un médico de familia non debe constituír unha medida ordinaria”, indicou Milagros Otero no seu último escrito remitido á Consellería de Sanidade con motivo da queixa de Baltar. Neste documento a valedora considerou que a redistribución dos pediatras que planea o SERGAS debería permitir que os nenos galegos poidan acudir a un especialista pediátrico de xeito continuado, a fin de que este poida facer un seguimento máis específico das súas condicións de saúde.

Tal e como recoñeceu a valedora estamos ante a necesidade de avaliar de xeito amplo medidas que incentiven aos profesionais a optar polos destinos en atención primaria.

O Ministerio de Sanidad é, pola súa banda, o que distribúe a oferta de prazas de especialidade médica MIR cada ano. No proceso de reparto de cupos ten en conta, entre outras propostas, as que parten das comunidades autónomas. Neste sentido, Galicia debería poñer en valor as súas necesidades específicas en materia de pediatría.

Partindo da idea de que todos os nenos de Galicia teñen os mesmos dereitos e deben ter garantida idéntica atención sanitaria, a valedoría dirixiu o pasado 8 de xaneiro unha recomendación a Sanidade para que elaborase un estudo de posibles fórmulas que “incentiven aos profesionais sanitarios para prestar servizos como especialistas de pediatría nos centros de saúde”. Tamén vía necesario planificar a longo prazo as necesidades reais destes facultativos, cuxos resultados sexan trasladados ante o Ministerio de Sanidad dentro da proposta que presenta Galicia na distribución de prazas de especialidades médicas.

A valedora obtivo hoxe mesmo a resposta favorable deste departamento da Xunta que se comprometeu “en buscar mellores condicións para o traballo nos centros de saúde” e dar traslado en Madrid “das necesidades reais de profesionais para o Servizo Galego de Saúde”. Milagros Otero confía en seguir camiñando de xeito coordinado na busca dunha solución a esta situación que se vén apreciando con maior intensidade nas queixas recibidas pola institución desde o exercicio 2015.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

O voceiro de En Marea, Luís Villares, anunciou os temas que o seu grupo levará ao primeiro pleno do mes de febreiro (2018) no Parlamento de Galicia. A pregunta do grupo parlamentario de En Marea para a sesión de control ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, será sobre a súa valoración do grave deterioro dos servizos públicos do noso país. “Esperemos que veña con novos anuncios e investimentos pero tememos que non vai ser xa que as cifras de orzamento son as que son e de execución aínda peor” lamentou Villares.

O desmantelamento do público que impulsa o Partido Popular beneficia á privada por iso a Xunta non lle importa o deterioro dos servizos públicos como denunciou o voceiro de En Marea.

En Marea levará ao vindeiro pleno dúas proposicións non de Lei unha relativa á compensación das perdas para o sector da castaña que o voceiro considerou necesario para un sector que fixa poboación no rural, que xera un complemento de rendas agrarias importante e para evitar unha merda de mercado por unha circunstancia como foi a seca vivida este ano.

En materia de ordenación do territorio e medio ambiente presentamos unha proposición contra as sondaxes ilegais que se están a levar a cabo no concello de Touro onde se pretende levar a cabo un proxecto megamineiro. Villares destacou que non está documentado polo que o grupo parlamentario pedirá que non se permitan mentres non se conte cos permisos adecuados.

Outras das iniciativas que En Marea levará ao pleno da Cámara será relativa a suba das peaxes que o voceiro considerou un “verdadeiro atraco”. En Marea tratará de poñer as bases para o debate do rescate da autoestrada xa que como sinalou Villares “non é lóxico que se podan rescatar as radiais madrileñas que foron un fiasco e producen perdas pero pola contra unha infraestrutura amortizada e que producen uns beneficios que se están a repartir como dividendos entre os seus accionistas absolutamente insalubres desde o punto de vista de redistribución da riqueza non se poda nin tan sequera debater”.

En Marea cuestiona así mesmo o veto ao propio debate por parte do Congreso polo que volverán a levar o tema a Cámara galega lembrando ademais a presentación feita polo grupo dun recurso ao constitucional por este veto.

“Temos que facer todo isto no Parlamento porque Feijóo o invisible non fixo nada diso con anterioridade, nin tan sequera na súa recente visita á capital do Estado onde volveu a evitar as necesidades do noso pais. Mencións a Galicia cero xa que o seu interese no noso país é cero, ve a presidencia da Xunta como un mero trampolín” afirmou Luís Villares. “A realidade é que a Feijóo non lle interesa Galicia, Non considera importantes os problemas de Galicia para falar deles en Madrid. Está a empregar o cargo para defender unicamente os seus propios intereses” concluíu.

A situación dos servizos públicos será outro dos temas que En Marea levará para o seu debate na Cámara. Así en materia de educación o grupo ve un problema nos ratios por aula xa que non se están a ter en cuantificar o alumnado que repite curso. Así mesmo, En Marea defenderá unha nova política de servizos sociais con máis recursos, máis persoal, máis orzamento e que se cumpra co compromiso de non deixar a ninguén atrás algo que non está a suceder actualmente.

En materia de sanidade os deputados e deputadas de En Marea presentarán dúas iniciativas. A primeira delas sobre as listas de agarda do Sergas e o colapso do sistema sanitario provocado polo desmantelamento do mesmo. “A situación actual indesexable para á cidadanía pero non para o Partido Popular xa que o aumento das listas provoca o desvío á privada. Recortes na sanidade pública reverten en cartos para á privada” denunciou o voceiro de En Marea que asegurou que “co PP estamos máis enfermos e sufrimos máis xa que o que están a precarizar son as condicións de saúde da cidadanía”. O voceiro Luís Villares anunciou así mesmo a participación de En Marea na manifestación do vindeiro domingo 4 de febreiro en defensa da sanidade pública do noso país convocada en Santiago de Compostela e que vaticinou “será masiva”.

Referente á situación dos traballadores e traballadoras da Xustiza, Villares preguntou porque a Xunta de Galicia incumpre “con tanto descaro” os acordos acadados de forma unánime no Parlamento de Galicia. Así lembrou o apoio das deputadas e deputados da Cámara ás reivindicacións do persoal de Xustiza para acabar entre outras cuestións coa discriminación insoportable que se está a dar entre o persoal da administración de Xustiza. “Rueda trata de ocultarse dicindo que o que se pide son subidas salariais cando o que están a pedir son outras moitas cousas como acabar coa discriminación actual.

“Porque se está a castigar ao persoal de xustiza? A resposta é evidente non lle interesa que funcione ben a Xustiza so hai que pensar nos 200 casos de corrupción ao ano dos que a maioría implica ao PP” declarou Villares. Neste sentido, o voceiro de En Marea anunciou que o seu grupo esixirá a vindeira semana que o Goberno galego cumpra co acordo unánime da Cámara e atenda as reivindicacións do persoal da Xustiza.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón anunciou que no vindeiro pleno preguntará a Feixóo se está disposto a escoitar as demandas cidadás que alertan das graves consecuencias dos recortes e privatizacións dos servizos públicos.

Pontón lembrou que miles de persoas expresaron nas rúas o seu malestar polo crecente deterioro nos ámbitos educativo e sanitario ao que sumou as mobilizacións da semana pasada dos traballadores e traballadoras da Xustiza. Neste sentido, reclamará ao Presidente da Xunta que se sente a negociar cos representantes dos traballadores porque “está na súa man frear a folga anunciada” para o mes de febreiro contra os recortes e as discriminacións laborais e salariais na xustiza galega.

Por outra parte insistiu en que medra o malestar social ante a precariedade da sanidade galega, medran as listas de espera, aumenta a precariedade laboral, hai menos camas operativas nos hospitais e ese deterioro, “pagámola todos os galegos e galegas”. Dende o BNG imos reclamar a “paralización da axenda de recortes e privatizacións” que ten na contrarreforma sanitaria o seu maior aliado.

No BOE, explicou a nacionalista, temos unha proba máis de como o PP en Madrid sigue gobernando ao servizo das empresas eléctricas que se traduce “nunha nova subida da luz” a todos os galegos e galegas. Imos ter unha penalización pagando a luz máis alta do Estado a pesar de ser produtores de enerxía.

“Serán os e as consumidoras as que teñen que pagar os impostos que ata agora pagaban as empresas eléctricas: o imposto do Canon eólico, o de contaminación, de saneamento e dano medioambiental que ata agora pagaban as grande multinacionais eléctricas pero Raxoi, agora decreta que pasen a pagala os galegos e galegas.

“Unha especie de Robin Hood ao revés, roubarlle aos traballadores , -isto é as familias e as pequenas e medianas empresas-, para darllo aos ricos, -isto é Iberdrola, Gas Natural-FENOSA, ENDESA... grandes multinacionais con beneficios millonarios. (5.463 millóns de euros en 2016)”.

A miña pregunta é : Que vai facer Feijóo?. Seguirá vetando a tarifa eléctrica galega que propón o BNG, dirá AMEN a este novo TARIFAZO que prepara Raxoi na factura da luz?. Poñerase do lado das eléctricas ou da xente do país? Que poden máis, as portas xiratorias de IBERDROLA, ENDESA E GASNATURAL-FENOSA ou que os galegos e as galegas podan chegar a fin de mes e as PEMES sexan competitivas?

Queremos saber que vai facer Feixóo: se vai defender os dereitos dos galegos e das galegas para beneficiarnos dunha tarifa máis baixa, ou vai defender “unha nova estafa eléctrica e unha decisión do PP que pretende subirnos aínda mais a luz e que paguemos o recibo mais caro”.

Pontón asegurou que se Feijóo pensa que imos deixar pasar o seu anuncio de novas subidas na AP-9, xa lle digo que se equivoca, porque aínda que se poña do lado de AUDASA e da súa conta de resultados, o BNG ponse do lado dos galegos e das galegas que cada día soportan a estafa das peaxes aínda que Feixóo teña o descaro de chamarlle “equidade distributiva”.

Ademais anunciou que o BNG levará ao próximo pleno unha proposición non de lei para pedir a supresión da peaxe entre Redondela e Vigo, “con cargo aos millonarios beneficios de Audasa“, e a aplicación de bonificacións e descontos nas tarifas para todos os usuarias e usuarias. Tamén pedimos, dixo, “unha auditoría sobre o servizo que presta a concesionaria e unha comisión de investigación sobre as obras de ampliación e convenios asinados entre o Goberno central e AUDASA”. O BNG, remarcou Pontón, non renuncia a conseguir “a transferencia da AP9 como primeiro paso para acabar coa estafa das peaxes”.

A portavoz do BNG denunciou o baixo investimento do Estado en Galiza. Nos últimos anos, dixo, o grao de execución de Fomento en Galiza foi moi inferior ao do conxunto do Estado: 80,8% fronte ao 107% en 2015, en 2016, investiuse un 47% do anunciado fronte ao 89% no Estado , e no primeiro semestre de 2017 a execución no territorio galego foi do 16,2% fronte ao 54,7% a nivel estatal. “Só no bienio 2015-2016 o Goberno de Rajoy deixou de executar 996 millóns de euros, que perdeu o AVE galego”, concluíu.
R.