Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

La oposición critica a la Xunta de Galicia por torpedear la negociación con los trabajadores de Justicia y respalda sus reivindicaciones

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

O BNG expresa o seu apoio aos traballadores e traballadoras da Xustiza cuxos representantes permanecen pechados na sede da Dirección Xeral da Xustiza para expresar o seu rexeitamento pola falta de vontade da Xunta de chegar a un acordo.

O deputado e portavoz parlamentario de Xustiza, Luís Bará, sinala ao vicepresidente da Xunta como responsable de torpedear os acordos acadados ata o momento: “A actitude de prepotencia e soberbia do vicepresidente Alfonso Rueda está impedindo chegar a un acordo para acabar coas discriminacións salariais e laborais que denuncia o sector a través dúas folgas e das manifestacións con seguimento masivo”, salienta Bará.

“Desde o BNG apoiamos, animamos e alentamos estas reivindicacións, e pedimos que a negociación volva ao Consello galego de relacións laborais porque foi nese marco onde se conseguiron acordos en tres dos cinco puntos que demandan os e as traballadoras, e onde se lograron avances que foron freados cando as negociacións se trasladaron á Dirección Xeral da Función Pública e, polo tanto, se botaron abaixo eses acordos”, indicou o deputado nacionalista.

Para o BNG “é fundamental que se chegue a acordos para conseguir melloras laborais e salariais, en definitiva, un mellor funcionamento no ámbito da Xustiza que foi precarizado e deteriorado polas sucesivas decisións adoptadas polo Goberno do PP”, concluíu Bará.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, criticou a “soberbia, prepotencia e ineptitude” demostradas “tanto polo director xeral de Xustiza como polo propio conselleiro da Vicepresidencia, amparados baixo o paraugas de Feijóo” para negar unhas reivindicacións “xustas” que os socialistas levarán ao próximo Pleno nunha proposición non de Lei.

Os socialistas galegos amosaron o seu respaldo ás reivindicacións dos traballadores da Xustiza en Galicia, que hoxe levaron a súa protesta ata a sede da Consellería de Xustiza, e que obtiveron unha resposta por parte do goberno galego que “evidencia a falla absoluta da capacidade de diálogo” por parte do goberno galego.

Lamentou que o Executivo “careza de calquera tipo de habilidade para escoitar unhas demandas razoables e demostre unha vez tras outra que prefire opta polar confrontación”. Así o dixo logo de que o goberno galego decidira responder á folga prevista para febreiro suspendendo tódolos permisos laborais da plantilla da Administración de Xustiza en Galicia.

Lembra que estes traballadores e traballadoras enfrontan unha situación “límite” diante dunha “discriminación salarial” con relación ao resto do Estado. Subliñou que “o goberno non pode proclamar para a galería que os seus salarios non evolucionan como deberan pero despois, cando está na súa man atender ás reivindicacións, mirar para outro lado”.
R.