Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

En Marea teme que el conformismo y la sumisión de Feijóo a Madrid coloque a Galicia en una pésima situación ante la reforma de la financiación autonómica

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

“A incapacidade política de Feijóo rematará por situar a Galiza no furgón de cola do financiamento autonómico. A irrelevancia do noso financiamento vai ser directamente proporcional á irrelevancia política de Feijóo” denunciou Antón Sánchez.

Desde 2009, a Galiza aplicóuselle sen piedade o receitario ´austeritario neoliberal` e Galicia, xunto coa Comunidade de Madrid, é unha das comunidades autónomas que sufriu máis recortes en servizos públicos e, malia a brutal caída do gasto autonómico, a débeda pública seguiu aumentando (de 4.859 millóns en 2009 medrou ata os 11.137 millóns no terceiro trimestre de 2017).

Para o vicevoceiro parlamentario de En Marea, “Feijóo decidiu endebedarse cos bancos en vez de recorrer ao financiamento público para non dar a imaxe dunha Galiza financeiramente intervida polo Estado, o que significou aceptar un sobrecuste dos prestamos bancarios para o pago da débeda de varios centos de millóns”.

Este sobrecuste traduciuse nunha retallada dos orzamentos públicos en servizos fundamentais para a cidadanía galega. “Feijóo decidiu impoñer maiores sacrificios aos galegos e galegas para sacar peito como o campión da austeridade, a factura do seu postureo electoral pagámola cunha mingua de servizos públicos e de benestar” afirmou Sánchez.

“Pola soberbia do goberno do PPdeG”, Galiza só comezou a beneficiarse dos fondos tardiamente, concretamente, en 2015 solicitáronse 1.567 millóns de euros do fondo de Facilidade Financeira, de tal forma que, dos 131.073 millóns de euros postos a disposición das CCAA nese período, a Xunta de Galicia só solicitou 1.567 millóns de euros, cifra que apenas chega ao 1.2 por cento. Como consecuencia, Galicia é das comunidades autónomas que menos se beneficia dos aforros xerados por estes fondos: Galicia, no período 2012-2016, representou o 0,19 por cento dos aforros totais xerados. “A gloriosa xestión de Feijóo para enfrontar a débeda pública supuxo pagar préstamos máis caros ao bancos” declarou Sánchez.

A situación financeira de Galiza leva camiño de agravarse aínda máis agora que o ministro Montoro apunta unha mais que probable quita na débeda que as comunidades autónomas contraeron coa administración do Estado a través dos diferentes mecanismos extraordinarios de financiamento. Galicia, sendo unha das que mais recortes fixo e que mais oposición amosou a participar nestes mecanismos de financiamento, vai contarse entre as comunidades autónomas máis prexudicadas pola reestruturación da débeda.

“A pegada negativa que tivo a xestión austeritaria de Feijóo sobre a débeda e sobre a solidez financeira de Galiza verase acrecentada de ter continuidade o conformismo da Xunta na mesa de negociación do novo modelo de financiamento autonómico” asegurou.

Para o vicevoceiro de En Marea no Parlamento “Feijóo inviste en mansa submisión para que os xerarcas do PP na capital lle pasen a man polo lombo e coa idea de mellorar a súa carreira no partido sacrifica toda aspiración de Galiza a un financiamento xusto”.“A servicial disposición de Feijóo faille renunciar a unha maior soberanía fiscal como garantía de desenvolvemento económico e duns servizos públicos financeiramente reforzados e o presidente da Xunta aplaude como válido o actual modelo de financiamento autonómico e tan só solicita uns tímidos cambios no cálculo da poboación axustada” engadiu.

Mentres o Goberno do PP deseña un novo modelo financeiro e político recentralizador, moito máis regresivo, para enfrontar as demandas das comunidades autónomas que teñen unha actitude máis decidida e reivindicativa, “Feijóo cruza os dedos para que, tras a reforma, Galiza quede como está”. O vicevoceiro de En Marea no Parlamento concluíu afirmando que “Feijóo non ten maior ansia que manter o actual status de insuficiencia financeira de Galiza e disimular a súa absoluta falla de peso e relevancia política orquestrando unha fronte de gobernos mansos con Castela e León e Asturias”.

Fotografía: archivo GD/Xunta de Galicia.
R.