Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Arranca el debate en el Parlamento de Galicia sobre la reforma de la contestada ley de sanidad

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

El conselleiro de Sanidad, Jesús Vázquez Almuiña, se mostró convencido, en el Parlamento de Galicia, en la presentación del Proyecto de Ley de Modificación de la Ley 8/2008 de salud de Galicia, “de que los cambios reportarán beneficios en la atención y asistencia de los pacientes, que es nuestro principal objetivo y nuestro deber”.

Con esta reforma, -remarcó Almuiña-, “los centros de salud y los hospitales comarcales seguirán prestando una atención de buena calidad”, e insistió en que la modificación “tiene como único objetivo adaptarse a las diferentes realidades que se están produciendo en el campo de la sanidad”.

Según el conselleiro, “buscamos siempre el máximo consenso posible”, manteniendo reuniones con todos los agentes y colectivos implicados, profesionales del Sergas, colegios profesionales de médicos, farmacéuticos, enfermería, veterinarios, odontólogos y fisioterapeutas, y en otros ámbitos, con alcaldes y portavoces municipales y foros de ciudadanos. A tal efecto, se recogieron las aportaciones “que consideramos que mejoran la propuesta”.

El conselleiro dijo, igualmente, que espera que, a lo largo de la tramitación parlamentaria, los distintos grupos hagan también a sus aportaciones y que, “entre todos, podamos mejorar un texto normativo de gran importancia para la ciudadanía”. Consideramos, -recalcó Almuiña-, “que después de 10 años de vigencia de la ley se hace necesaria una actualización para garantizar y ampliar el sistema público de salud, además de continuar en la búsqueda de una óptima utilización de los recursos y una atención mejor y más eficiente a los pacientes”.

El conselleiro destacó las modificaciones incluidas en el proyecto, que agrupó en seis apartados: la organización territorial, los órganos de participación, la autoridad sanitaria, la gestión de personal, la docencia e investigación, y la comisión interdepartamental en materia de educación y salud.

Respecto de la organización territorial, Almuiña dijo que el mapa sanitario vigente en Galicia, de hace más de 30 años, “no coincide con la realidad del funcionamiento del Sergas hoy”, que cuenta con 7 Gerencias de Gestión Integrada y 14 complejos hospitalarios. Con la modificación, “se consolidará el modelo de integración para facilitar el acercamiento de los profesionales a la ciudadanía que, desde el 2011, hizo posible que se hubiesen evitado más de 260.000 desplazamientos, puesto que los enfermos fueron atendidos en los hospitales más próximos a su domicilio, en los hospitales comarcales”. Por lo tanto, y gracias a esta modificación, “se recoge en una norma con rango de ley la permanencia de los hospitales comarcales”, -subrayó el conselleiro-.

Respecto de los órganos de participación, la modificación supone que se extienden a todos los hospitales. Así, por primera vez, existirá participación social directa en los hospitales de Verín, Cee y Barbanza. Además, se eleva a rango de Ley el Consejo Asesor de Pacientes, que hasta ahora no estaba regulado. Así, el número total de entes de participación social regulados por ley mediante esta modificación pasa de 12 a 23.

En lo que alcanza al apartado de autoridad sanitaria, con la modificación, todos los inspectores sanitarios, incluidos los de salud pública, tendrán la consideración de autoridad sanitaria, lo que les permitirá tomar decisiones en el ámbito de su labor como es la adopción de medidas cautelares, intervención y inmovilización de productos y suspensión de actividades que supongan un riesgo grave e inminente para la salud pública.

En materia de gestión de personal, se establece la posibilidad, para la administración sanitaria, de definir itinerarios profesionales para el personal del sistema público de salud, entendiendo como tales el conjunto de puestos de trabajo que conforman un área de competencias, capacidades, conocimientos y formación comunes. Según remarcó Almuiña, “los profesionales seguirán ligados al área y mantendrán su destino original, beneficiándose de la posibilidad de pertenecer a servicios más amplios y mejorando su especialización”.

En lo que se refiere a la docencia e investigación, se adapta este aspecto a la reciente creación de la Agencia Gallega del Conocimiento e Investigación en materia sanitaria, que unificó las competencias dispersas en materia de formación, investigación e innovación.

Por último, gracias a la modificación de la ley, se crea una Comisión interdepartamental en materia de educación y salud, puesto que ambos departamentos comparten muchas sinergias y tienen muchas iniciativas conjuntas.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, asegurou no Parlamento que a reforma da Lei de saúde de Galicia, que hoxe iniciou a súa tramitación parlamentaria, “favorecerá o achegamento da asistencia aos hospitais comarcais” e acusou á oposición de “poñer en risco a supervivencia destes centros, diante da dificultade coñecida que hai a día de hoxe para cubrir prazas nos mesmos e a continua rotación e vacantes de profesionais que se producen”. Aurelio Núñez afirmou que a organización por área sanitaria prevista nesta reforma lexislativa, “respectando a voluntariedade dos profesionais, axudará a acadar a cobertura das prazas de especialista nos hospitais comarcais diante da posibilidade de traballo en equipo cos hospitais de referencia; regularizará o desprazamento de profesionais entre os distintos hospitais; e facilitará a cobertura das posibles ausencias por permisos ou baixas”.

“Esta lei blinda a existencia dos 14 hospitais comarcais coa creación de distritos sanitarios, citados un por un no texto, e que toman como referencia a institución hospitalaria existente no seu ámbito territorial”, indicou o portavoz popular, quen criticou “o mantra da oposición coa suposta desaparición destes hospitais comarcais cando non hai máis que ver o investimento en infraestruturas e dotación tecnolóxica que se fixo desde a creación das estruturas de xestión integrada”. Núñez Centeno incidiu que a nova lei “consolida os hospitais comarcais como servizo sanitario de futuro en cada unha das súas zonas xeográficas, seguindo a ser hospitais de referencia como ata o de agora”. “Esta organización territorial non provocará ningún cambio de médico nin de hospital para ningunha persoa, e, por contra, achegará o servizo sanitario á cidadanía”, engadiu.

No eido da participación social, Aurelio Núñez subliñou o desenvolvemento do Consello Galego de Saúde e dos consellos de saúde de área e de distrito, cos que “se simplifica a regulación dos órganos de participación para facelos máis próximos á representación cidadá, así como máis realistas e operativos”. Así mesmo, regúlase na lei a existencia do Consello Asesor de Pacientes, no que participan as asociacións nas que se agrupan aos doentes. O portavoz popular amosou a “preocupación polo desprestixio que os grupos da oposición están a facer da nosa sanidade no intento de desgastar ao Goberno da Xunta, xerando de modo interesado unha desconfianza da xente cun sistema sanitario cuxa calidade non debe deixar ningunha dúbida”.

“Eses 1000, 2000 ou 3000 postos perdidos na sanidade pública que denuncian segundo o voceiro da oposición e o día que cadre, convértense realmente nun incremento de 1.544 profesionais traballando para o sistema público de saúde de Galicia respecto a 2008, entre eles 167 médicos de familia mais, 583 enfermeiras e enfermeiros, e 136 millóns de euros de aumento no capítulo de persoal”, apuntou. Así mesmo, Aurelio Núñez salientou que cerca do 41 por cento do orzamento da Xunta destínase a sanidade, logo dun incremento de 251 millóns de euros.

Respecto da suposta privatización da sanidade galega, o portavoz popular explicou que “o gasto en asistencia sanitaria con medios alleos é un 5 por cento menor que en 2008”. Así, indicou que “cada día a sanidade pública fai 12.000 probas, 20.000 consultas e 800 cirurxías, das que a derivación á sanidade concertada é de 86 casos por xornada”. Núñez Centeno criticou “a dobre vara de medir” dos grupos da oposición, xa que “os seus compañeiros no goberno da Comunidade de Valencia están a levar adiante unha modificación lexislativa da ordenación territorial da sanidade similar á proposta polo Goberno galego, contemplando a redución das 24 áreas incluídas na lei aprobada hai tres anos polo PP en seis áreas asistenciais”. “Faise, segundo a conselleira de Sanidade valenciana, para optimizar e acadar máis eficacia e eficiencia”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

Os tres grupos da oposición solicitaron a súa retirada da orde do día: “Coa idea de abrir o debate ás organizacións políticas, sindicais e ós colectivos cidadáns”, como defendeu Luís Villares.

Tralo bloqueo do PP da proposta de todos os grupos da oposición de retirar da orde do día do pleno o debate da reforma da Lei de Saúde, logo da contestación social á nova norma, a voceira de Sanidade de En Marea Eva Solla comezou a súa intervención agradecendo o traballo da Plataforma SOS Sanidade Pública, presentes na tribuna, por mobilizarse “cada vez que a consellería produce un atropelo novo contra o sistema de saúde”.

“Non é unha actualización”, sinalou Solla, “o que presentan é unha contrarreforma a unha lei que foi pisoteada e cambiada por vostedes en multiples ocasións, pois nunca respectaron os principios contidos no texto”. Para En Marea despois de todos estes meses de debate o PP debería retirar esta lei, atendendo todas as emendas de devolución. “Pídenllo a totaidade dos axentes soiais e milleiros de persoas que esixiron e clamaron para que retiraran esta lei, pero seguen facendo oídos xordos”.

A parlamentaria de En Marea acusou ao PP de non escoitar as máis de mil reclamacións que se fixeron cando se publicou a reforma no mes de agosto. “Desprezan a todas as persoas, seguramente moitas delas non votantes da oposición, que viñeron este domingo a Santiago dende toda Galicia, desprezan a colexios profesionais e a colectivos sanitarios. Non queren retirar o texto porque forma parte do seu plan para destruír a sanidade pública, para recortar dereitos paulatinamente, para que a sanidade pública cada vez esmoreza máis”.

Por un lado, a supresión das Áreas Sanitarias alonxa dos servizos ás persoas que viven no rural, sen respectar que o dereito á saúde “ten que ser universal, equitatitva, igualitaria para todas as persoas independentemente de que vivan en calquera punto de Galicia”. Así, cando se fala dos beneficios de pertencer a servizos máis amplos estase falando de precariedada laboral, mobilidade forzosa e polo tanto peor calidade asitencial, de recentralizar a sanidade. “Tampouco cren na Atención Primaria”, sinalou Eva Solla, “que xa só ten asignado o 13% do orzamento sanitario, mentres que a metade xa está dedicado a empresas privadas”.

“Este texto está feito para consolidar as súas portas xiratorias, a entrada da empresa privada e a privatización da investigación, pois empregan como eufemismo a transferencia inversa do coñececemento para xustificar as licenzas a terceiros para a explotación de dereitos derivados da investigación”, denunciou Eva Solla para quen o obxectivo final da investigación só debera ser a mellora da sanidade pública”.

“Canto lle estan pagando ás empresas privadas por trasladar a pacientes á concertada? Quen decide as plantas que se pechan? Quen que se traslanden á sanidade privada? Quen marca eses prezos?” preguntoulle Eva Solla ao conselleiro de Sanidade, “pode empregar os medios de comunicación para insultar a esta deputada e ao resto dos gurpos pero non hai medios de comunicación suficientes que acalen os recortes do sistema sanitario publico, saia e ilumínenos cos datos que leva un ano negando á oposición”

Solla lembrou “que o que se lles ofrecía era diálogo, seguramente hai máis dereitos sanitarios que dotar, pero non queren escoitar a ninguén e é unha mostra evidente de soberbia e necedade, pois só quen goberna de maneira despótica non escoita o seu pobo”.

Na quenda de réplica En Marea tamén criticou duramente as condicións nas que traballan as profesionais sanitarias. “Digan cantos contratos fan, por cantas horas… as condicións de miseria nas que están traballando os profesionais, ademais das chapuzas das privatizacións”. “Iso si, dende que eliminaron as xerencias incrementaron un 9% os gastos en altos cargos, porque sempre hai un posto para enchufar a alguén”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz nacional, Ana Pontón, arrancou o pleno solicitando a retirada da reforma da Lei de Sanidade de Galiza da orde do día, apelando á “maioría social” que este domingo expresou nunha manifestación multitudinaria a súa vontade de defender o sistema público de saúde da contrarreforma que pretende aprobar o PP en solitario.

O BNG, xunto co resto dos grupos políticos da oposición, formalizou esta petición para frear un novo golpe ao dereito á saúde e demandar ao Goberno que escoite o clamor social, reclamación rexeitada cos votos do PP, para seguir coa tramitación dunha contrarreforma que a portavoz de Sanidade, Montse Prado, cualificou de “ataque a liña de flotación” do sistema público de saúde.

Na defensa da emenda de devolución presentada polo Bloque, a deputada nacionalista apelou á mobilización masiva dos últimos meses en contra da nova volta de torca contra a sanidade pública que afonda na “secundarización” da atención primaria e supón a desaparición das áreas sanitarias comarcais, coa conseguinte perda de servizos.

“Parece que teñen toda a intención de seguir de costas viradas á sociedade galega, que non lles vai permitir estafar e roubar á sanidade pública aínda que sexa con luvas de seda”, salientou Prado, tras defender “unha sanidade universal, gratuíta e de calidade”. “Cada vez son máis os e as galegas que non se deixan enganar coas súa propaganda, pese as súas publireportaxes, pese a relegar a información da manifestación á cola do informativo da TVG”, indicou.

Prado denunciou o acoso do PP ao sistema público de saúde a través dunha progresiva privatización de servizos, dos recortes continuados en orzamento e persoal, e criticou que ignore aos milleiros de persoas que se botaron á rúa. “Ante esa manifestación histórica, un goberno que tivese como obxectivo o interese da maioría social, escoitaría. Deixen a súa prepotencia, rectifiquen e dialoguen”, instou.

A deputada replicou ao conselleiro de Sanidade que é a Xunta a que desprestixia á sanidade pública, non a sociedade que se mobiliza para defendela. “Quen a desmantela, quen traballa para beneficiar á privada, quen externaliza servizos de xeito masivo, que impón repagamentos, quen recorta 2.000 profesionais, quen pecha 800 camas, quen obriga a derivar doentes á privada...que fai todo iso é quen realmente desprestixia a sanidade pública”, argumentou.

Prado denunciou a precarización do persoal sanitario, -que chega a encadear ata catro contratos por horas nun mesmo día-, a penalización ás persoas doentes que non aceptan ser derivados a centros privados, -masivas desde que Feixóo se reuniu coa patronal da sanidade privada-, e a opacidade nas listas de espera. A deputada nacionalista ironizou sobre a argumentación do conselleiro de Sanidade en relación ás “bondades” da contrarreforma do PP.

“Non puxeron en marcha os consellos de saúde cidadán en nove anos e agora din que a súa contrarreforma sanitaria quere facilitar a participación cidadán, igual que cando aseguran que coa modificación da lei de sanidade buscan a proximidade, cando en realidade recortan servizos”, salientou Prado, quen tamén afeou ao PP que puxera como exemplo a proposta sanitaria dos populares en Valencia.

“En Valencia, dos últimos catros conselleiros, tres están imputados e un na cadea, ese é o seu desafortunado exemplo, e agora o Goberno valenciano está revertendo as privatizacións levadas a cabo polo PP”, espetou, ademais de lembrarlle ao titular de Sanidade que o TSXG declarou ilegal o nomeamento da súa predecesora como xerente da Axencia do coñecemento.

“A oposición non ten que dicirlle á xente como está a sanidade pública porque a sofren, son os e as usuarias ás que nos piden que fagamos algo para parar esta desfeita”, concluíu Prado.
R.