Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Feijóo confirma su intención de quedarse en la política gallega. En Marea denuncia que sufraga su carrera en Madrid con la política en Galicia

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

“Desde que chegou á presidencia, a súa única ambición foi a súa propia promoción persoal na sucesión de Rajoy, e sacrificou todo o benestar dos galegos para conseguilo”, comezou Luís Villares a súa pregunta ao presidente da Xunta, centrada na grave situación pola que atravesan os servizos públicos en Galicia. “Cantos anos máis nos vai custar, cantos sacrificios máis temos que facer para pagarlle a vostede a carreira en Madrid?”.

Para o voceiro de En Marea, os galegos e galegas “vivimos peor, botamos máis tempo enfermos, pagamos as peaxes máis caras do Estado, perdemos todos os trens, renunciamos a un financiamento xusto e temos menos xustiza” para pagarlle a Feijóo a súa carreira política en Madrid e pregúntase se “merece a pena que todo un país se sacrifique por unha soa persoa”, cando ademais, “vostede suspende sempre en Madrid porque non o queren”.

“Cantas listas de espera nos vai custar a súa ambición? Cantos colapsos de urxencias? Cantas áreas sanitarias nos van costar as súas xiras madrileñas?”, preguntou reiteradamente, antes de lembrarlle que “só hoxe van ser suspendidos 500 xuízos en Galicia pola folga de Xustiza, sufrimento ás vítimas deses xuízos ocasionados pola súa ambición madrileña”.
“Señor Núñez, créame que o entendo, debe ser humillante ter todo ese capital aforrado co sacrificio dos galegos e que non lle fagan caso”, chanceou Villares, “facer sufrir aos seus propios votantes para nada, sacrificar o benestar da xente, o tren, a sanidade, a xustiza, o financiamento, as peaxes, para que ninguén lle faga caso”.
Na quenda de réplica, o voceiro de En Marea sinalou que “outras comunidades autónomas foron insumisas a Madrid e non recortaron, plantáronse para defender á súa poboación e agora Madrid vainos premiar cunha condonación da débeda”. “Se vostede fose valente e insumiso hoxe teríamos tren, un bo financiamento, e non teríamos estas peaxes nin estas listas de espera”, engadiu Villares.

Luís Villares tamén aproveitou a súa segunda intervención para defender as reivindicacións do persoal de Xustiza que, trala ruptura das negociacións, comezan hoxe unha folga indefinida para mellorar as súas condicións laborais.
R.