Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

En Marea pide al ministro Montoro que no discrimine a Galicia con la deuda en el nuevo sistema de financiación autonómica

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

O anuncio de Montoro relativo a establecer unha quita da débeda ás comunidades autónomas deixa en evidencia o erro cometido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ao decidir non acudir ao sistema de financiamento público das comunidades autónomas como era o Fondo de Liquidez Autonómica (FLA) e optar pola banca privada pagando un diferencial de xuros de centos de millóns de euros que aínda estamos a pagar.

“Que Feijóo se convertera no campión dos recortes foi malo para os galegos e galegas desde sempre que viron como as súas condicións de vida empeoraban. O campión dos recortes e da austeridade para levar a cabo unha campaña de imaxe que foi a máis cara da historia e que agora Montoro pretende novamente castigar a Galicia por este erro” denunciou o voceiro de En Marea, Luís Villares.

O deputado de En Marea no Parlamento, Manuel Lago, asegurou que o anuncio de Montoro provocou unha grande preocupación e evidencia “o fracaso da estratexia da Xunta de Galicia nas dúas lexislaturas de Feijóo”. Galicia foi, segundo o deputado de En Marea, a comunidade que máis recortou o gasto e agora o ministro o que ven a dicir é que esta estratexia non só era inxusta senón que non serviu para nada. “Aínda máis poderíamos ser castigados por este esforzo sobre as contas públicas o que suporía pagar dúas veces polos erros de xestión da Xunta” engadiu Lago.

No relativo á débeda, o deputado de En Marea sinalou que se ben é certo que a dureza dos recortes provocou que a débeda galega se incrementase menos que noutras comunidades, a realidade é que en 9 anos de goberno Feijóo incrementouse en 7.400 millóns, o dobre que nos 27 anos anteriores con catro presidentes asegurando que “endebedounos moito e mal” afirmou Manuel Lago.

Pese ao anuncio do ministro, o grupo de En Marea mantén que “estamos a tempo de evitar a dobre estafa de Montoro” e evitar esta discriminación con Galicia. Fronte as declaracións do presidente da Xunta opoñéndose a quita, En Marea considera imprescindible que teña lugar pero “equitativa, xusta, sen discriminacións e privilexios”. “As declaracións do ministro fixo entrar en situación de pánico a Feijóo porque o deixa en ridículo por iso dixo que non debía darse esa quita” salientou Manuel Lago.

A débeda actual como destacan desde En Marea “é impagable” e por iso defenden a necesidade de levar a cabo unha reestruturación, especialmente agora que comezan a subir tipos de xuro o que nos sitúa nunha situación de risco.

“Ten que haber unha quita da débeda pública de Galicia que ten que ser igual que no resto de comunidades do Estado e que permita que os orzamentos podan destinarse a financiar gasto público e protección á cidadanía. O resto da débeda do FLA ten que metabolizarse alongando os seus prazos e reducindo o seu tipo de intereses o que sería facer débeda perpetua levando a 50 anos e facendo que deixe de presionar sobre o orzamento d Xunta.

Desde o grupo de En Marea concluíron pedindo directamente ao ministro de Hacenda, Cristobal Montoro, que “non discrimine a Galicia polos erros cometidos por Feijóo. Os galegos e galegas non temos que pagar os seus erros e a súa campaña de imaxe”.

Fotografía: archivo GD / Xunta de Galicia
R.