Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El PSdeG y el BNG denuncian que el bloqueo de la transferencia de la AP-9 es un fracaso de Feijóo y una tomadura de pelo a los gallegos

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A deputada do Bloque anunciou que pedirá explicacións no Parlamento, “porque é cada vez máis evidente que Feixóo e Raxoi apuraron unhas obras que non estaban rematadas para que a concesionaria subise as peaxes, e iso implica un perigo para a circulación e para os traballadores da ampliación de Rande”, salientou Pontón, quen indicou que o BNG “mesmo analiza se é posible emprender accións legais polo feito de que o Goberno recepcione unhas obras inacabadas poñendo en risco a seguridade viaria e a dos traballadores”.

Pontón pregúntase onde está a famosa comisión bilateral Xunta-Fomento para determinar as responsabilidades en situacións como as derivadas do peche dos novos carrís de Rande. “É un auténtico abuso porque estamos pagando por unhas obras que nin sequera están finalizadas, un novo atraco aos petos dos e das galegas mentres AUDASA segue facendo caixa dándonos un servizo de terceira, xa está ben de escarnio e de asumir que a concesionaria pode facer o que lle pete grazas á complicidade dos gobernos central e galego”.

A portavoz nacional considera que “chegou o momento de pararlle os pés a AUDASA” e, á vista dos feitos, non ten dúbida de que o veto a transferencia “faise coa complicidade de Feixóo”. Só así se explica unha subida das peaxes na AP9 que triplica á medida estatal para unha autoestrada requeteamortizada, mentres se rescatan as radiais madrileñas “pagando con cartos tamén dos e das galegas o desfase do PP, e despois de rescatalas vanse volver vender as mesmas concesionarias desas radiais. E un timo permanente ao noso país, xa está ben de tomarnos o pelo e todo coa complicidade de Feixóo

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, advertiu que o anuncio do ministro de Fomento de manter o bloqueo á transferencia da AP-9 revela o “fracaso” de Feijóo na súa suposta estratexia de defensa dos intereses de Galicia.

Lamentou que a devaluación do presidente galego chegue ata o punto de que o goberno mantén o bloqueo á transferencia da AP-9 a Galicia mesmo despois de “recoñecer o seu filibusterismo parlamentario e anunciar o desbloqueo das Leis paradas na Mesa do Congreso”. Resumiu que “a presión da realidade obriga a rectificar, pero o escaso peso de Feijóo é insuficiente para que esta rectificación chegue á transferencia”.

Fernández Leiceaga criticou que “todos os galegos e galegas temos que pagar hoxe esta nova labazada do goberno de Rajoy como prezo dun presidente devaluado e ineficaz para defender en Madrid e diante do seu mesmo partido unha iniciativa que el mesmo aprobou en Galicia”.

Criticou a “ineficacia” demostrada polo presidente da Xunta “tanto para conseguir o desbloqueo da transferencia como para evitar que lle suban as tarifas da peaxe aos usuarios desa vía”.

Lembrou que, con Feijóo como conselleiro de Política Territorial, en 2003, o goberno ampliou a concesión durante 25 anos, e sendo el presidente da Xunta, en 2012, a ministra Ana Pastor “refrendou e ampliou o convenio coa concesionaria para subirlle o IVE ás autoestradas, retirarlle a bonificación do 7 por cento e comprometendo a suba das peaxes que hoxe padecemos”.
R.