Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El PSdeG apuesta por un aumento de salarios, políticas fiscales y de corresponsabilidad para mejorar el índice de natalidad

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

Así o dixo logo dun encontro co portavoz socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, e os representantes do PSdeG no organismo que foi constituído hoxe na sede do Consello Económico e Social. Reclamou políticas públicas para “que as unidades familiares poidan tomar a decisión de ter fillos” xa que, dixo, “cos niveis salariais actuais non podemos pedirlle heroicidades á sociedade”. O responsable socialista debullou as liñas mestras das aportacións socialistas neste órgano “dende unha perspectiva positiva e tendo en conta que o envellecemento é un éxito da sociedade, pero que o problema é a baixa natalidade”.

Criticou o “problema da dereita”, que “historicamente é moi pronatalista, pero ao mesmo tempo favorable a unha dinámica económica para sociedades duais low cost segmentadas por xénero e idade que dificultan a maternidade”. Alertou así da precarización labroal e dun “enfoque asistencialista das políticas sociais” que “non van ao fondo do problema”.

Así o dixo logo da constitución do Observatorio e dos cinco grupos de traballo, para os que os socialistas galegos designaron á doutora en Socioloxía Obdulia Taboadela –Emigración/Inmigración-, o alcalde de O Carballiño Francisco Fumega –Envellecemento-, a deputada Noela Blanco –Apoio ás familias-, o ex conselleiro e ex deputado Francisco Sineiro –Medio Rural-, e a representante de Xuventudes Socialistas Paula Castiñeiras –Xuventude-.

A doutora en Socioloxía Obdulia Taboadela advertiu que “hai folga de úteros polas dificultades de ter fillos”, para reclamar a continuación “políticas que faciliten a maternidade e a paternidade” seguindo a liña marcada polos países europeos “que nos levan vantaxe”.

Reivindicou “vontade política e valentía para afrontar os retos, preguntarlle á xente como quere vivir e por que non teñen fillos e poñer en práctica medidas” como, apuntou, facilitar a incorporación ao mercado laboral das mulleres ou subir os salarios. Reclamou unha mellor perspectiva laboral para as mulleres e que permita frear a fuxida de mozos por falta de traballo.

Apuntou a “políticas de corresponsabilidade” dirixidas aos varóns “pero tamén ás ao empresariado e ás institucións públicas, como baixas de maternidade e paternidade máis longas”.

Taboadela reclamou políticas fiscais de impulso da natalidade con “descontos, oportunidades, axudas para garderías ou coidados na casa” e, en definitiva, o apoio á natalidade a partir de constituír “familias máis iguais, que está comprobado que terminan sendo máis proclives a ter fillos”.
R.