Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

En Marea denuncia el rechazo del PPdeG a la derogación de las medidas temporales en el empleo que suprimieron pagas extra a funcionarios

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira acusou a En Marea de pretender derrogar a lei 1/2012 de medidas temporais en determinadas materias de emprego público “que permitiu facer fronte á crise económica e reducir o déficit público para conseguir unha situación de equilibrio sen menoscabar a prestación dos servizos públicos esenciais”. Jacobo Moreira lembrou que “En Marea cambiou nun ano a súa posición respecto desta lei, xa que agora están en contra de toda esta norma menos a suspensión do plus dos altos cargos, acordada por un goberno do Partido Popular”. “Entendo que se deron conta que defender que os ex altos cargos sigan cobrando un plus non é propio do pensamento da confluencia”.

“A medida que está a mellorar a situación económica, se van recuperando progresivamente algúns dos aspectos que se viron afectados por esta lei, como a recuperación total das extras de 2012 e 2013, os permisos por asuntos particulares e vacacións en función da antigüidade, e se reanudou o pago do complemento específico nas pagas extras ao conxunto dos empregados públicos da Administración galega”. Indicou que “para o resto dos permisos e vacacións, así como sobre as retribucións en todos os supostos de incapacidade temporal, estase a aplicar en Galicia o máximo que permite a normativa básica estatal, ao igual que sucede coa taxa de reposición de efectivos, que na Comunidade galega acada o limite máximo que permite a Lei de orzamentos estatal”.

Respecto da proposición de lei defendida por En Marea, Jacobo Moreira dixo que, “das oito medidas reguladas pola Lei 1/2012, pretenden que a relativa ao plus dos altos cargos siga vixente, outras tres están reguladas por normativa básica do Estado, dúas xa están superadas na práctica; e as outras dúas ata os socialistas están de acordo en que se manteñan”. “En definitiva, nós chegamos a preguntarnos se en En Marea son conscientes do contido da lei que queren derrogar”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

A vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada de En Marea, Eva Solla, defendeu no pleno do Parlamento a proposición de Lei do seu grupo en materia de emprego na que se pedía acabar coas medidas impostas aos empregados públicos no noso país coa escusa da crise. “Despois de seis anos é hora xa devolver o que se lle quitou ás traballadoras e traballadores públicos en sacrificio pola crise” asegurou Eva Solla. No ano 2012 a Xunta de Galicia adoptou unha serie de medidas aproveitando a situación de crise e imposición restritivas do Ministerio e UE que retiraban dereitos non só a nivel salarial senón tamén descanso e negociación colectiva.

A proposta de En Marea fundamentábase en dereitos e masa salarial destes empregados pero como salientou a deputada de En Marea, inciden na calidade asistencial e polo tanto na materialización dos dereitos da cidadanía. “Falamos tamén dos traballadores da xustiza aos que queremos novamente amosar o noso total apoio” declarou Eva Solla. “Falamos da totalidade de postos de emprego públicos a día de hoxe moi deteriorados por causa desta lei aprobada e que tiña carácter temporal e urxentes xustificadas pola situación económica” engadiu.

O propio Goberno galego fixaba na norma unha revisión de dous anos vinculando a situación económica a revisión desa norma que reducía os dereitos destes traballadores. Agora que a situación económica tal e como repite continuamente o Goberno da Xunta de Galicia mellorou pero como ten denunciado en multitude de ocasións En Marea, “só o fai para algúns porque aos de sempre continúan a sufrir os recortes”. A Xunta polo tanto está a incumprir non só co compromiso de revisión senón coa afirmación de que cando a situación mellorara recuperarían os dereitos perdidos.

Entre as medidas impostas Eva Solla sinalou a suspensión do complemento das prestacións da seguridade social en caso de incapacidade temporal é dicir en caso de baixas, penalizando as segundas e seguidas baixas penalizando así que se poñan enfermos. Recortáronse as axudas en concepto de accións social para paliar situacións de precariedade e os días de libre disposición o que vai en contra diso que di defender a Xunta de Galicia en prol da conciliación da vida laboral e familiar.

Suspendeuse aplicación artigos relevantes do quinto convenio colectivo en canto a días de descanso, compensación de días festivos e domingos, a suspensión do dereito a comedor, a gratificación por xubilación ou o dereito ao descanso de dous días naturais sen interrupción por semana. “Esa situación é inadmisible” afirmou Solla.

“A Xunta de Galicia está a incumprir a súa propia Lei, e seis anos despois segue sen revisarse esta situación e sen reverter as medidas impostas pese a que se está a producir un grave empeoramento das condicións laborais destes traballadores pese á mellora” denunciou a deputada de En Marea.

Nesta mesma liña asegurou que “é obsceno e vergoñento que o presidente da Xunta de Galicia súbase o salario un 7 por cento pero manteña os recortes para os empregados públicos se manteñan”. Para o grupo de En Marea non é aceptable que teñan que asumir unha perda de masa salarial dun 14 por cento e un deterioro das súas condicións laborais e recortes de persoal mentres que Feijóo se sube o salario e os trienios dos conselleiros e conselleiras sexan o dobre que dos grupos de referencia. “É indecente que se lles obrigue a asumir a carga dos recortes que non asumen os seus dirixentes” declarou.

O que solicitaba o grupo parlamentario de En Marea era sinxelamente que se fixera por Lei o que tiña que se ter feito hai seis anos revisando e aprobando a suspensión destas medidas para que non paguen sempre os mesmos, os traballadores e traballadoras e a cidadanía en xeral que son os afectados polo deterioro da función pública. Acabar con seis anos de recortes e catro de incumprimento da Lei.
R.