Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El PSdeG acusa a la derecha de deshacer la hucha de las pensiones y destrozar la sanidad pública

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou en Vigo nunha xornada de traballo sobre pensións en compañía do secretario de Política Económica e Emprego do PSOE, Manuel Escudero, así coma outros dirixentes do partido e os responsables comarcais de UGT e CC.OO. Antes do inicio, o líder dos socialistas galegos denun ciou ante os medios de comunicación que o PP a nivel estatal ten “roto” o Pacto de Toledo, renunciou a actualizar as pensións segundo o coste da vida e ten “desfeito” a hucha das pensións. Do mesmo xeito, dixo, a dereita en Galicia está “destrozando” a sanidade pública a través de recortes e privatización.

En contraposición con esa estratexia dos populares, Gonzalo Caballero explicou que o PSOE está poñendo en marcha una campaña que é a “precursora” das mobilizacións que se están dando a nivel de todo o Estado “para falar da necesidade dunhas pensións dignas”. Máxime, engadiu, en Galicia, onde as pensións están “por debaixo da media” de España.

“Fronte á dereita de Feijóo e de Rajoy, que están destrozando a sanidade pública e o sistema de pensións públicas, nós estamos liderando unha axenda de prioridade social, para defender o que lle interesa á cidadanía”, recalcou o líder do PSdeG, quen hoxe mesmo estará tamén en Pontevedra nunha asemblea aberta sobre pensións.

Pola súa banda, Manuel Escudero remarcou que os pensionistas que están protestando nas rúas teñen “todo el apoyo” do PSOE tras sinalar que o “problema serio” que supón o “burato” de 18.000 millóns de euros na Seguridade Social “tiene solución”.

Pasa, segundo detallou, por “complementar las cotizaciones con impuestos”. “No estamos inventando la rueda: es lo que se hace en Francia, Alemania o Italia”, incidiu o dirixente socialista, para quen o sistema de pensións público é “una joya”. “Y se puede mantener con la fórmula que proponemos”.
R.