Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El ministro de Hacienda, Cristóbal Montoro, da luz verde a los ayuntamientos para que reinviertan su superávit hasta el año 2019

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Goberno central que permita aos concellos utilizar os seus remanentes de tesourería positivos para a devolución do Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana indebidamente cobrado.

O portavoz popular, Pedro Puy, lembrou que unha sentenza do Tribunal Constitucional do pasado mes de maio declarou inconstitucionais e nulos os dous artigos da Lei Reguladora de Facendas Locais que establecen o mecanismo de cuantificación do imposto de plusvalía “unicamente na medida que someten a tributación situacións de inexistencia de incrementos de valor”.

“Porén, os concellos seguen a recadar esta plusvalía, e non están a informar aos contribuíntes da perda do seu dereito a reclamar polo transcurso dos catro anos de prescrición”, indicou Puy. Ademais, apuntou que “nun momento no que moitos concellos teñen superávit nas súas contas, parte deste superávit procede dun imposto que está sendo indebidamente recadado en moitos casos”. Deste xeito, desde o Grupo Popular solicítase que o Goberno do Estado permita aos concellos utilizar estes remanentes de tesourería positivos para a devolución da Imposto sobre a plusvalía municipal.

Así mesmo, demándase que os concellos habiliten mecanismos para proceder, do xeito máis eficaz posible e mediante procedementos áxiles, á devolución aos contribuíntes afectados das cantidades indebidamente recadadas nos supostos declarados inconstitucionais polo Tribunal Constitucional; ao tempo que se potencia a información á cidadanía do dereito que lles asiste para reclamar a devolución da plusvalía cobrada indebidamente nos casos de vendas a perda e de que ese dereito se extingue polo transcurso do prazo de prescrición de catro anos.

A proposición non de lei avoga porque nas declaracións pola plusvalía que se presenten a partir da citada sentenza do Tribunal Constitucional e respecto das que se acredite a existencia dunha perda patrimonial, non se proceda ao cobro do imposto en aplicación da devandita sentenza.
R.