Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El Gobierno gallego y los sindicatos de la justicia retomarán las negociaciones: volverán a sentarse para intentar desatascar el conflicto

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

El vicepresidente de la Xunta, Alfonso Rueda, adelantó que la Xunta convocará de nuevo a los sindicatos de la Administración de Justicia con el objetivo de volver a negociar sobre todo los puntos objeto de controversia. Así lo explicó durante una comparecencia parlamentaria, en la que dio cuenta de los pasos dados por la Xunta hasta el momento, así como de los detalles de la última oferta realizada a los sindicatos por parte de la Administración autonómica.

Rueda recordó que los representantes del Gobierno gallego no abandonaron nunca la negociación, y que mostraron siempre su voluntad de dialogar para llegar a un acuerdo y evitar así los perjuicios que se están causando a la ciudadanía en el ejercicio de sus derechos. Es en esta misma voluntad de diálogo donde se inscribe la oferta del vicepresidente de incorporarse personalmente a las negociaciones siempre que se produzca una suspensión de la huelga -no una desconvocatoria- mientras se mantienen las conversaciones.

La Administración autonómica mantuvo hasta ahora un total de 12 reuniones mantenidas con los representantes de los trabajadores y ha realizada hasta 4 ofertas económicas, cada una superior a la anterior. El Gobierno gallego cumple así lo encomendado por el Parlamento gallego, que en su acuerdo de diciembre establecía la necesidad de mejorar las retribuciones de los trabajadores y situarlas en el promedio del resto de comunidades autónomas.

La última oferta económica puesta sobre la mesa asciende a 90 euros al mes para el personal gestor, 76 euros para el personal tramitador, y 68 para el personal auxiliar. Esto es, un promedio de incremento de 1.000 euros al año, una oferta que situaría de forma efectiva a Galicia por encima del promedio de lo que cobra el personal de estos cuerpos en España. Hay que tener en cuenta que a este incremento se sumaría también el aumento que se aplicará a todo el personal empleado público, que según el Gobierno central será de hasta el 8% en los próximos tres años.

Durante la negociación, la Xunta también trató de ampliar los puntos de negociación de manera que redundaran en una mejora del servicio público, en beneficio de los trabajadores y también de la ciudadanía. Así, la última oferta no consiste sólo en una oferta económica, sino que también incluye otras mejoras como la consolidación de 36 puestos de refuerzo, cuyo coste supera el millón de euros; la reordenación de las plazas para incorporarlas a donde sea más necesario; o abonar el 100 por cien de las retribuciones en los casos de relevos de un cuerpo superior, a través de la modificación de la norma, previo dictamen de un experto que ya está encargado.

Se ofrecieron otras mejoras adicionales, como el incremento de los permisos de maternidad (de 16 a 20 semanas) y de paternidad (de 29 días a 5 semanas); el establecimiento de un complemento mensual por objetivos al funcionariado que trabaja en los juzgados de violencia de género, que puede llegar la 100 euros al mes; o la creación de 7 plazas de psicólogos en los servicios de atención a la víctima de las siete grandes ciudades.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

A viceportavoz de En Marea, Carmen Santos, esixiu ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que cumpra co acordo unánime aprobado no Parlamento de Galicia, tamén polo grupo do Partido Popular, no que se pedía ao Goberno galego que aceptase as reivindicacións das traballadoras e traballadores da Xustiza. Na súa intervención en resposta á comparecencia no Parlamento de Galicia do vicepresidente para dar conta da actuación da Xunta ante a folga na administración de Xustiza, Carmen Santos, lamentou ter un Goberno galego que se agocha tras “o mantra da maioría absoluta” para non escoitar, tampouco, ás traballadoras e traballadores da Xustiza. “Nunha semana como esta na que se celebra o día internacional da muller traballadora, e unha folga feminista histórica, o PP de Galicia fai gala do machismo estrutural que o habita, e non admite un non por resposta. Para o seu goberno, é o que vosteden queiran cando vostedes queiran” afirmou.

Santos cuestionou así mesmo o “arte de consensuar e de dialogar” da Xunta no que “vostede fai unha proposta, se non a aceptades é que non queredes negociar”. “Non queiran levar á xente ao engano, esta non é unha folga dunha empresa privada, ou unha folga en sectores básicos do Estado do Benestar como a educación ou a sanidade” salientou a viceportavoz de En Marea.

“É unha folga dun dos tres poderes que garanten a nosa democracia e a igualdade dos cidadáns ante a lei xunto ca súa protección dos abusos, e por iso é tan importante para o Partido Popular imputado, para vostede señor Rueda e para o goberno Feijóo , dobregala e vencela; e por iso, ao Partido Popular non lle importan as consecuencias” declarou Carmen Santos.

“Non lles importa que siga a folga, con tal de impoñer a súa man de ferro. Vostedes non queren falar cos empregados e empregadas da xustiza porque queren mandar un aviso a navegantes. Isto é o patriarcado, o patriarca é don vito Feijoo, e o consilieri é vostede señor Rueda. E a súa proposta para resolver o conflito da xustiza non é negociar, nin unha proposta de consenso: é o que nós queiramos, como queiramos e cando nós queiramos” afirmou.

A viceportavoz de En Marea recriminou a “chantaxe” do vicepresidente asegurando que “non compramos as súas mentiras”. “A súa maioría absoluta co dopaxe da corrupción non é un cheque en branco para converter Galicia nun sálvese quen poida de non chegar a fin de mes, mentres vostedes seguen cos soldazos e sen renunciar nin a un só dos seus privilexios. Fronte a maioría absoluta dopada do seu executivo terán sempre a dignidade dos galegos e galegas” engadiu.

Carmen Santos rematou a súa intervención pedíndolle ao vicepresidente que deixara de tratar de poñer á cidadanía en contra das traballadoras e traballadores da Xustiza falando de canto custará aos galegos e galegas a subida salarial destes empregados nunha clara estratexia de “demagoxia barata” mentres continúan precarizando o modelo laboral dividindo aos traballadores do público e do privado. “Digan canto lle custou e custa aos galegos a corrupción do partido imputado, en Galicia principalmente, e que os corruptos que foron, e os que seguen nas súas filas aquí e no Estado e amiguiños empresarios, que devolvan o que roubaron” concluíu Carmen Santos.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, reclamoulle ao conselleiro de Xustiza que comece a negociar “con humildade” cos traballadores que levan case un mes en folga. Na comparecencia do conselleiro no Pleno do Parlamento criticou que lles negue a equiparación salarial co resto do Estado mentres “dilapidan case 740.000 euros” para un estudo sobre a implantación da nova oficina xudicial contratado á consultora Everis.

Vilán sinalou que “a solución está na súa man, desbloquee o conflito, séntese cos representantes dos traballadores sen condicións, con humildade” para negociar “a partir do acordo parlamentario” aprobado por unanimidade en decembro por iniciativa dos socialistas galegos.

Preguntoulle “por que se ten apartado” daquela proposta que incluía situar as retribucións dos traballadores na media do Estado, consolidar prazas estruturais, repoñer aquelas que foron amortizadas ou acabar coa súa discriminación co resto do Estado. Cuestionou así o “peso específico” de Rueda dentro do goberno galego, e preguntoulle se “dan máis ordes na Xustiza os conselleiros de Emprego e Facenda que vostede”.

Criticou que o conselleiro teña “moita cara” para poñer a suspensión da folga como condición para sentarse cos sindicatos logo de 9 anos sen terse encontrado con estes traballadores e demostrando “o seu desinterese coa xustiza”. Puntualizou que a folga é un dereito no que “as negociacións son case obrigatorias e son os traballadores os que deciden se continúan ou non, pero non é impedimento para continuar a negociación”.

Advertiu que os traballadores “están dispostos a negociar” cunha oferta “seria e xusta”, sen condicións e duplicando a proposta inicial do goberno galego porque, dixo, trátase dunha cuestión “de xustiza e dignidade”. Acusou ao goberno galego de “non dicir a verdade” sobre a súa oferta aos traballadores, xa que “se ofreceran case 36.000 euros ao ano aceptarían cos ollos pechados”.

Criticou ademais que estean “intoxicando á opinión pública” ao dicir ao mesmo tempo que o seguimento da folga é de menos do 40 por cento e que hai colapsos na xustiza. Engadiu que “intoxica tanto que dixo en catro ocasións que ofrecía unha suba de 1.000 euros mensuais” para recoñecer, logo da advertencia de Vilán, que era unha suba anual a aplicar en 3 anos.

Alertou finalmente de que a cuarta semana de folga coincide co malestar dos xuíces e fiscais, que anunciaron unha folga para o 22 de maio, co que o problema “en Galicia se pode multiplicar por infinito”.
R.