Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El PSdeG anuncia que están recuperando fuerza para enfrentarse a las elecciones municipales de 2019 en las que apoyará que los alcaldes repitan como candidatos

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou que “os socialistas estamos recuperando músculo e forza para ter un partido revitalizado e fortalecido” de cara ás eleccións municipais. Así o dixo ante os xornalistas tras manter unha reunión de traballo co secretario de Organización do PSOE, José Luis Ábalos, quen chegou a Galicia no marco das súas visitas ás distintas federacións socialistas coa vista posta nos comicios de 2019.

O líder dos socialistas galegos valorou a “posición de cooperación absoluta” e a “plena sintonía” entre a executiva federal e a galega para orientar o proceso de designación dos candidatos, que variará en función do tamaño dos municipios. No caso das cidades de máis de 50.000 habitantes, a dirección do PSdeG comunicará á executiva federal o calendario que seguirá para a elección dos candidatos, mentres que os concellos de menor tamaño terán un proceso diferenciado. Iso si, o que deixou claro Gonzalo Caballero é que “a norma” é apostar polos alcaldes e alcaldesas para que volvan a concorrer ás eleccións nos seus respectivos municipios.

Tamén José Luis Ábalos falou do calendario “propio e singular” que haberá de marcar o PSdeG para a designación dos candidatos nas sete cidades galegas e recalcou que existe “plena sintonía” entre a dirección federal do PSOE e a galega. Máis aínda, resaltou que ve ao equipo encabezado por Gonzalo Caballero “con ilusión e ganas de traballar para dar un xiro progresista e útil” a Galicia.

O secretario xeral do PSdeG apuntou que o partido está “nas condicións adecuadas para encarar as eleccións municipais con forza” e coa “capacidade de ser alternativa á dereita e aos gobernos que non funcionan”.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del PSdeG
R.