Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El presidente del TSXG urge que se negocie para finalizar la huelga de la justicia en Galicia. Asegura que la tutela judicial efectiva está sufriendo

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

A viceportavoz e portavoz de Xustiza do Grupo Popular, Paula Prado, demandou aos representantes sindicais dos traballadores da Administración de Xustiza en Galicia “responsabilidade e recoñecer que a Xunta está a cumprir todas as demandas aprobadas por unanimidade neste Parlamento”.

“O que non é asumible é que cada concesión de mellora salarial por parte da Xunta veña acompañada dunha nova reivindicación sindical, co único fin de non chegar a acordo e continuar unha folga que cada día se percibe como máis prexudicial para os galegos e que fai dano ao propio servizo público da Xustiza”, sinalou.

Paula Prado salientou que “a Xunta sempre estivo e está disposta a sentarse a negociar cos representantes sindicais, pero chega un momento no que esta boa vontade choca frontalmente coa intransixencia sindical a intentar acadar un acordo”. “O que a Xunta está ofrecendo cumpre estritamente o que o Parlamento aprobou por unanimidade e que os propios sindicatos manifestaron que era o que eles pedían, polo que lle pedimos que deixen de facer dano á sociedade galega”, indicou.

En concreto, a portavoz de Xustiza explicou que “xa existe un acordo sobre todos os asuntos que inicialmente estaban enriba da mesa e agora as discrepancias dos sindicatos circunscríbense unicamente á suba salarial”.

“ A maiores, e logo do acordo pactado polo Goberno central cos sindicatos para todos os funcionarios, os traballadores da Xustiza en Galicia verán incrementadas as súas nóminas un 13 por cento, un aumento considerable ao que os sindicatos volveron facer caso omiso a pesar de situar as retribucións dos traballadores por enriba da media estatal”, indicou.

A portavoz de Xustiza lamentou que “os grupos da oposición, que tanto teñen politizado esta cuestión, permanezan agora calados á vista de que se cumpriu o acordo parlamentario”. “En Marea, PSOE e BNG deberían asumir a súa responsabilidade coa sociedade galega e instar aos sindicatos a chegar a un acordo que poña fin a este conflito”, demandou.
R.