Jubilados gallegos se suman a las protestas y reclaman en las calles unas pensiones dignas
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/manifestacion_pensiones_cartel.gif)
Miles de persoas saíron ás rúas da Coruña, Ferrol,Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra,Vigo, Vilagarcía, Viveiro, Foz,Ribeira, O Grove e O Barco de Valdeorras para berrar que basta xa e demandar pensións dignas, a recuperación do poder adquisitivo das pensións e denunciar a miserable e irrisoria suba do 0,25%.
Estas mobilizacións enmárcanse nunha campaña de ámbito estatal, que xa comezou en setembro de 2017 coas marchas polas pensións dignas, e que será sostida e crecente mentres o Goberno non mude a súa postura en relación ás pensións dos xubilados deste país.
UGT-Galicia denuncia que as pensións perden poder adquisitivo e só se revalorizan un 0,25%, en cambio, todo sube, de feito, os prezos xa se sitúan este ano nunha media interanual do 1,1%.
A pensión media sitúase en 918 euros e a máis frecuente en 650 e o 50% das pensións non chega ao SMI e o 38% dos pensionistas viven baixo o limiar da pobreza.
Neste contexto, non se pode esquecer que as pensións son a fonte de ingreso de máis de nove millóns de persoas e que nos peores momentos da crise catro de cada dez pensións contribuíron a soster ao núcleo familiar.
UGT considera que o Goberno debe garantir xa o poder adquisitivo das pensións; erradicar o déficit da Seguridade Social e garantir o presente e futuro das pensións e do sistema público.
Ambos sindicatos denuncian a actitude do Goberno que bloquea o diálogo social e non atende as demandas sindicais nin as iniciativas aprobadas no Parlamento para garantir o poder adquisitivo das pensións e derrogar a reforma de 2013.
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/manifestacion_pensionistas.gif)
Resulta fundamental protestar contra o empobrecemento duns pensionistas que perden poder adquisitivo por segundo ano consecutivo e esixir un modelo público de pensións eficaz e eficiente que é incompatible coa reforma aprobada polo Partido Popular en 2013.
As medidas impostas polo Goberno do PP nos afectan a todos, xa que o índice de revalorización e o factor de sustentabilidade supoñen a curto e medio prazo un recorte das pensións presentes e futuras e aféctannos a todos.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de UGT-Galicia
R.