Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Más de la mitad de los hogares gallegos llega con dificultad o mucha dificultad a fin de mes

Nota de prensa del Instituto Galego de Estatística (IGE):

No primeiro trimestre de 2018, o indicador de confianza do consumidor (ICC1) reflicte un valor de -10,85 puntos, 1,89 puntos por debaixo do referido ao trimestre anterior. Neste trimestre diminuíron tres dos catro indicadores parciais de perspectivas de evolución: o indicador de situación financeira persoal diminuíu 3,06 puntos; o de capacidade futura de aforro diminuíu 1,73 puntos; e o de situación económica de Galicia, 3,79 puntos. O indicador de perspectivas sobre a evolución do desemprego aumenta, pola súa parte, 1 punto.

O indicador de confianza do consumidor varía en función do intervalo de ingresos do fogar. Os fogares con menores ingresos medios mensuais son os que presentan valores máis baixos no ICC, mentres que a confianza aumenta ao incrementárense os ingresos do fogar. Así, o indicador no caso dos fogares con menos de 600€ ao mes sitúase no -38,61, namentres que entre os fogares que máis ingresan ao mes (por riba dos 3.000€) o indicador sitúase en 15,32.

No primeiro trimestre de 2018 o 47,28% dos fogares galegos chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes, o 41,86% con dificultade e o 10,87% restante con moita dificultade.

Con respecto ao trimestre anterior, prodúcese unha diminución de 0,36 puntos na porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes. Tamén se produce unha diminución, de 3,52 puntos, na porcentaxe de fogares que chega con dificultade a fin de mes. Pola contra, aumenta a porcentaxe de fogares que chega con moita dificultade ao último día do mes (3,89 puntos de incremento respecto ao trimestre anterior).

Con respecto ao primeiro trimestre do ano 2017, a porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes diminuíu 0,84 puntos. Pola contra, aumentou a porcentaxe de fogares que chega con dificultade a fin de mes e a porcentaxe de fogares que chega con moita dificultade: 0,09 puntos no primeiro caso e 0,76 no segundo.

O 22,71% dos fogares galegos non se permitiu ningún extra nos tres últimos meses. Considéranse como extra os gastos destinados a vacacións ou viaxes, facer fronte a imprevistos ou grandes compras, extras de alimentación, roupa ou calzado, contratar novos servizos para o fogar, saír a cear, ir ao cine, etc. Tamén se inclúe nesta categoría poder aforrar e traballar menos horas ou que algún membro do fogar se permitira deixar de traballar.

O 11,49% dos fogares galegos cambiou os seus hábitos de compra, pasando a mercar marcas brancas, produtos en oferta, etc., no primeiro trimestre de 2018. Esta foi a medida económica máis habitual empregada polos fogares para reducir os gastos, aumentar os ingresos ou afrontar pagos neste período. Ademais, o 11,13% dos fogares galegos diminuíu outros gastos comúns, como roupa e calzado, transporte, etc.
R.