Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El PSdeG califica los Presupuestos Generales del Estado de 2018 como una bofetada a Galicia. El PPdeG defiende las cuentas públicas y dice que garantizan las inversiones pendientes

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, denunciou que os orzamentos do Estado supoñen “unha labazada a Galicia”, á que “só se lle permite” un incremento do 1,3% fondos que recibe pese a que a contía global medra un 17%. “A tarta aumenta un 17% e o anaco de Galicia só un 1%”, evidenciou o líder dos socialistas galegos para ilustrar a “perda de posición relativa” de Galicia fronte ao resto de autonomías. E este feito, como sinalou, pon ás claras que Feijóo “non ten nin forza nin interese” en defender á súa comunidade mentres “o pacto de Ciudadanos con Rajoy marxina a Galicia”.

O “desgusto” do PSdeG con estas contas, en palabras de Gonzalo Caballero, vese agravado ao ter en conta que o goberno do PP executa moi por debaixo do que orzamenta, como proba o feito de que nos últimos catro anos non gastou máis de 2.000 millóns de euros que estaban consignados para Galicia. “O PP non é fiable cando orzamenta para Galicia”, advertiu, antes de exemplificar cos datos da Intervención Xeral do Estado que o goberno apenas executou menos da metade dos 1.363 millóns de euros que consignou para esta comunidade en 2016.

Por tanto, ante unhas contas que “deixan a Galicia relegada” mentres os fondos se destinan a outros territorios e que supoñen para esta comunidade unha contía “moito menor” do que destinaban os socialistas “nos peores anos da crise”, Gonzalo Caballero demandou “un non” dos deputados socialistas no Congreso aos orzamentos. A continuación, o líder do PSdeG puxo o foco en que Feijóo é “cómplice” de Rajoy nesta “labazada” que recibe Galicia, unha comunidade á que “lle vai mal” cando goberna a dereita en Madrid.

Como proba, exhibiu os datos do propio Ministerio de Facenda sobre as inversións en Galicia: dos 1.045 millóns de euros do último ano de José María Aznar en 2004 acadáronse cotas de 2.116 millóns que agora, en 2018, caen ata os 936. “O retroceso é significativo”, denunciou Gonzalo Caballero. “O PP se esquece de Galicia” resumiu, e sumou á falta de inversións nesta comunidade que a política social non aumenta na mesma medida que o PIB e que a dereita rexeita ligar por lei a subida das pensións, polo menos, co IPC.

Outro dato preocupante que achegou o secretario xeral do PSdeG é o relativo á chegada do AVE a Galicia, comprometido para finais do 2019, pero que na programación plurianual que acompaña os orzamentos retrásase “ata 2025”.

Trátase da liña Olmedo-Lubián-Ourense, “ralentizada” pola “non execución” do goberno de Rajoy, pero no caso do tramo Ourense-Vigo por Cerdedo o prazo alóngase ata 2026. “Está esquecido das prioridades da dereita”, concluíu Gonzalo Caballero.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O deputado do PP e presidente da Comisión de Fomento no Congreso, Celso Delgado, valorou positivamente os Orzamentos Xerais do Estado presentados, unhas contas nas que sube a inversión en Galicia e garanten a chegada das infraestruturas pendentes para a nosa Comunidade. Estes presupostos, que supoñen para Galicia máis do 9,3% do investimento total do Estado tendo a Comunidade un 6% de poboación, contribuirán -segundo explicou Delgado- á creación de emprego e ao crecemento económico. Sobre estas cifras chama a atención que cando gobernaba o PSOE en España, os socialistas celebraban contar tan só cun 8% do total da inversión.

Máis polo miúdo, no que se refire ao investimento territorial rexionalizado, Galicia recibirá un total de 936,8 millóns de euros, cifra superior a do ano anterior, aumentando un 1,3% a inversión. A isto hai que engadir 42,5 millóns de euros do Fondo de Compensación Interterritorial que eleva a contía a 979,3 millóns de euros.

No que respecta ás infraestruturas, salientou a conexión de alta velocidade entre Galicia e Madrid no tramo entre Zamora e Ourense que recibirá unha dotación de máis 400 millóns de euros, chegando ata máis de 600 millóns no conxunto da liña. Ademais disto, os presupostos recollen actuacións en estradas nas distintas provincias galegas e tamén en materia portuaria e aeroportuaria, algo que demostra o compromiso claro do Ministerio de Fomento con Galicia.

Celso Delgado tamén cualificou estas contas como “extraordinariamente sociais”, xa que inclúen medidas para mellorar as rendas dos máis de 13 millóns de pensionistas, dos empregados públicos e dos asalariados, cunha rebaixa do IRPF que permitirá un aforro de 440 euros ao ano de media -para os traballadores e pensionistas que gañen entre 12.000 e 18.000 euros ao ano-. Así mesmo, tamén incorporan os acordos asinados cos sindicatos da Administración pública, polo que os funcionarios da nosa Comunidade notarán unha mellora salarial entre este ano e o 2020.

Delgado apuntou que se trata de presupostos con partidas que, aínda sendo de ámbito estatal, benefician a Galicia. Por exemplo, no tocante aos pensionistas galegos –somos unha rexión cun volume importante de pensións mínimas- puxo en valor que terán unha suba de ata un 3% que chegará a beneficiar a preto de 500.000 persoas, “unha medida que fai unha discriminación en positivo ás rendas máis baixas”.
R.