El PPdeG cree que En Marea activó su propio cronómetro y vaticina una dimisión: o se va Quinteiro o se marcha Villares
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/villares_quinteiro.jpg)
Como recoñeceu Tellado, o portavoz parlamentario de En Marea activou un cronómetro cunha conta atrás que finaliza o domingo 8 de abril, “xa sexa pola saída ao grupo mixto de Paula Quinteiro, e quen sabe con ela se dalgún dos seus compañeiros de Podemos; ou pola dimisión de Luis Villares, que supoñemos que en algún sitio terá o límite da humillación pública que é capaz de tolerar dos seus propios compañeiros”. Deste xeito, o tic-tac de Pablo Iglesias aplícase tanto á deputada como ao voceiro da, ata agora, primeira forza da oposición.
Para o secretario xeral, o que queda claro das últimas semanas é que tralas peticións de dimisión cruzadas que se están facendo no seo das Mareas de Podemos e a posta en coñecemento dos xulgados do altercado e o diverso material audiovisual xa coñecido ou por coñecer relativo a aquela xornada, “temos a sensación de que Villares estaría encantado de que hoxe nós pedísemos a dimisión de Paula Quinteiro, iIgual que temos a sensación de que Martiño Noriega e outros 12 deputados das Mareas estarían encantados de que pedísemos a dimisión de Villares”.
Malia isto, Tellado manifestou que son as Mareas as que deben decidir de que xeito queren deixar de liderar a oposición en Galicia e de que xeito depuran as responsabilidades dun episodio que lles afectou non só a eles, senón a todo o Parlamento de Galicia como institución.
Sobre a celebración en Sevilla da Convención Nacional do Partido Popular, que leva o nome de “Contigo crece España”, afirmou que o evento “servirá para darlle un novo impulso ao partido de cara aos meses cruciais que temos por diante coas eleccións municipais do vindeiro ano”.
Ademais, salientou a ampla delegación galega que acudirá, tanto entre os asistentes convidados como entre os poñentes, entre os que destacan Alberto Núñez Feijóo, Edelmira Barreira, Antonio Rodríguez Miranda, Adrián Pardo, Diego Gago, así como Mariano Rajoy e Ana Pastor. Nese senso, Tellado admitiu que “Galicia farase escoitar neste evento en temas tan importantes como o seu modelo de xestión autonómica e a nosa visión sobre o novo modelo de financiamento, a natalidade e a conciliación, a emigración e o trato aos residentes no exterior ou as políticas de Xuventude”.
R.