Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El PSdeG anuncia una ofensiva parlamentaria contra el retraso del AVE a Galicia y En Marea denuncia una Xunta que deambula sin horizonte

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, confirmou o retraso do AVE a Galicia cando menos ata 2025. Esta é a data que figura oficialmente no anexo de investimentos aos Orzamentos Xerais enviado polo goberno ao Congreso retrasando a conexión Olmedo – Lubián – Ourense ata aquela data, lonxe do compromiso de Feijóo e o goberno, que o situaron en 2020.

O responsable socialista denunciou o “xogo de trileiros” protagonizado polo presidente da Xunta e o Ministerio de Fomento, que volven poñer esta data logo de que nos orzamentos de 2017 sucedera algo semellante. Daquela o proxecto fixaba o remate da liña en 2024, pero unha emenda parlamentaria adiantouno ata 2020, o que non foi suficiente para que este ano volveran a retrasar o remate das obras, pero desta vola ata 2025.

Sinalou que o retraso deriva da construción da Variante de Ourense, que está prevista para 2024 e que condiciona o resto da conexión. Explicou ademais que unha obra destas características precisa a lo menos de 6 anos para a súa execución completa, e sinalou que “co paso dun ano, a finalización prevista das obras retrasouse tamén un ano, o que demostra que pouco se fixo para avanzar”.

Fernández Leiceaga apelou ao goberno galego a desenvolver unha “estratexia” para conseguir “que chegue canto antes”, e urxiu á licitación do tramo Seixalbo – Ourense, con proxecto aprobado xa dende o goberno socialista.

Anunciou que os socialistas galegos iniciarán unha ofensiva parlamentaria “para que o Goberno galego teña que definirse” sobre este retraso e sobre as iniciativas para acelerar a execución da obra.

O portavoz socialista advertiu hoxe que a candidatura de Feijóo para suceder e Rajoy estalle saíndo “cara” a Galicia ao centrarse en demostrarse como colaborador co PP estatal e supeditar o seu “rédito interno” á defensa dos intereses de Galicia. Puxo como exemplo o trato de Galicia nas infraestruturas estatais ou a submisión demostrada polo goberno galego aos acordos orzamentarios co PNV.

Así o dixo logo que esta fin de semana o portavoz do Grupo Popular no Parlamento situara a Feijóo con “cualidades e opcións” como candidato á Moncloa. Fernández Leiceaga apuntou que a insistencia de Feijóo en negarse a competir mentres o seu entorno “lanza proclamas” no sentido contrario responde a unha estratexia de “posicionarse canto antes” como sucesor.

Sinalou que este posicionamento xurde precisamente coincidindo coa convención do PP, que esta fin de semana amosouse “noqueado” e incapaz de reaccionar fronte ao “espectáculo” do Máster de outra das candidatas á sucesión, a presidenta de Madrid, Cristina Cifuentes, que “en calquera outro momento sería pasado”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

O voceiro de En Marea, Luís Villares, e o deputado Manuel Lago acusaron á Xunta de Galicia de “estafar” á cidadanía galega un total de 2.442 millóns de euros desde o ano 2012 a 2016 que foron prometidos nos orzamentos do Estado e que non foron executados. Así mesmo, referíronse aos 500 millóns que a Xunta deixou de executar do seu orzamento o pasado ano. “Temos un goberno da santa compaña que deambula sen saber onde vai” asegurou Villares.

O deputado Manuel Lago referiuse aos datos relativos ao grao de execución dos orzamentos estatais que desde o ano 2012 foron diminuíndo ata chegar ao 51 por cento o que significa que a metade do prometido non se chegou a investir. “Vimos a Feijóo gabándose do anuncio do Goberno central de 938 millóns de euros, unha cifra similar á que deixou de executar en 2016 que rozou os 700 millóns de euros” denunciou Manuel Lago que asegurou que “Galicia paga o pato desa política de austeridade imposta polo PP”.

Lago salientou o feito de que fronte o 51 por cento de execución do orzamento estatal en Galicia en 2016, a media do resto do Estado situouse no 81 por cento o que na súa opinión “demostra a indignidade do Goberno galego”. Deste xeito os retrasos do AVE, a falla de financiamento para autovías ou a inexistencia dun tren de mercadorías quedan explicados con esta falla de execución orzamentaria no noso país.

O voceiro de En Marea, Luís Villares, pola súa banda referiuse ao grao de execución dos orzamentos galegos o pasado ano que asegurou que estamos ante un Goberno que non ten ideas nin proxecto de futuro para o noso país que deixou en 2017, cerca de 500 millóns de euros sen executar do seu orzamento. Así referiuse a partidas no que esta falla de execución é especialmente relevante tanto pola súa importancia como polo baixo nivel: Políticas de emprego, medio rural e dinamización económica.

Deste xeito partidas pese a ter 140.000 ocupados menos que cando Feijóo chegou á presidencia, ou a situación do rural galego tras a vaga de lumes e a preocupación da implosión sociodemográfica que requiriría un forte compromiso, os datos de execución deixan as claras a súa falla de preocupación do goberno galego polos problemas reais do noso país. Atopamos así partidas como a formación profesional de ocupados que acadou un ridículo porcentaxe dun 7 por cento ou a formación profesional de desempregados foi dun 49 por cento. A innovación, partidas que eran xa ridículas amosan ademais un grao de execución intolerable como por exemplo no caso do plan galego de innovación que deixou sen executar o 77 por cento do orzamento.

No referido ao apoio da mellora competitividade e internalización das empresas galegas do orzamentado que apenas chegaba a 90 millóns de euros foron executados menos do 75 por cento. “Fronte a falla de proxecto, de ideas e de futuro do Goberno galego, existe unha esperanza duns orzamentos diferentes e cun grao de execución igualmente diferentes que pasa por unha política económica distinta á que ofrece o Partido Popular para o noso país” concluíu Luís Villares.
R.