Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El diputado nacionalista Luis Bará provoca un incidente en el Parlamento gallego al romper una foto del rey Felipe VI

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

O deputado do BNG por Pontevedra, Luís Bará rachou dúas fotos do Rei Felipe VI no estrado da Cámara galega no transcurso da súa intervención para defender a modificación do código penal e derrogar a lei de Seguridade cidadá co fin de impedir a actual interpretación dos delitos de incitación ao odio.

Mentres rachaba a foto do Rei e colocaba na tribuna a bandeira galega, o deputado asegurou e os representantes do Partido popular non fixeron un máster de democracia pero tampouco un párvulario de democracia. Bará explicou que romper a foto de Felipe VI “é unha lección de respecto, pluralismo e o ABC da democracia”. Rachar e queimar o retrato, engadiu, “tamén é unha lección de democracia” pero vostedes non queren entendelo.

“Non podo queimar o retrato porque estamos nun recinto pechado pero faríao porque estou convencido que hai que permitir e respectar estes actos de discrepancia como afirma o Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos” pero vostedes, dixo dirixíndose ás bancadas populares, “están fora de Europa, expúlsanse de Europa cada día”.

Na lexislación española e no Código penal, “queimar un retrato do rei é un delito de odio” e deste delito foron acusados dous rapaces cataláns condenados a 15 meses de prisión. Máis tarde, o Tribunal de Dereitos humanos sentenciou que “foi un acto de liberdade de expresión”, somos europeos, “vostedes non” e non están á altura dunha democracia consolidada como demostran as labazadas xurídicas que lle están a dar todos os días, recalcou.

A sentenza do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos é inequívoca e de obrigado cumprimento para o Estado español: “Non foi queimada a bandeira, non foi un ataque persoal contra o Rei de España, foi unha expresión simbólica de rexeitamento e crítica política” e o BNG apoia esta sentenza.

A sentenza tamén afirma que o Estado español “vulnerou a Convención europea dos dereitos humanos e a queima de fotos entra dentro do ámbito da crítica política ou de disidencia e corresponde ao rexeitamento da monarquía como institución”.

O Tribunal de Dereitos humanos nega que a queima poda incitar ao odio e relacionar a queima de bandeiras co discurso do odio sería prexudicar o pluralismo e a tolerancia, fundamentais nunha sociedade democrática, apostilou o nacionalista.

Bará lembrou que distintos colectivos e grupos musicais sufriron condenas por enaltecemento do terrorismo nas letras das cancións con sentencias condenatorias “contrarias ao Tribunal europeo dos Dereitos humanos”. Neste sentido, criticou o “proceso represivo” do Estado español que entrou, ao seu xuízo, nunha escalada delirante co procesamento de dirixentes políticos e persecución de persoas que protestan con cortes de estradas. Todo isto provoca “un auténtico ridículo internacional” do Estado español. Están tentando utilizar “o Código penal e a Lei Mordaza para amedrentar, meter medo, e someter”. Poñen multa a rapaces en estadios de fútbol por mostrar esta bandeira, “unha bandeira de amor a Galiza pola que mataron a Anxel Casal, a Alexandre Bóveda, a Vítor Casas”.

Finalmente, o nacionalista pediu ao Partido popular que demostre que é europeo e chegue a un acordo na dirección do Tribunal europeo de Dereitos Humanos para modificar o Código penal e derrogar a Lei mordaza co fin de impedir a actual interpretación do delitos de incitación ao odio. A proposta do BNG foi rexeitada polo grupo maioritario do PP na Cámara galega.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG
R.