Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El PSdeG denuncia la incompetencia del vicepresidente de la Xunta en la resolución del conflicto con Justicia

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

A responsable socialista aludiu ao suposto preacordo que o conselleiro “da por asinado cos sindicatos”, que compara co Máster “pantasma” da presidenta madrileña. Castro apunta que “se ten un preacordo cos sindicatos, que o amose de inmediato, e se non o ten, debe ser cesado polo señor Feijóo por mentir e enganar a tódolos galegos e galegas”.

A responsable socialista reclama “explicacións inmediatas” das negociacións cos traballadores e acúsao de utilizar “a estratexia da mentira, aplicando a mesma doutrina que a de Cifuentes”. A secretaria de Xustiza do PSdeG, Paloma Castro, criticou a “absoluta incompetencia demostrada polo conselleiro Rueda” na xestión do conflito laboral da Xustiza.

Paloma Castro reclama a presenza do conselleiro en sede parlamentaria para dar conta da súa xestión desta crise “que lle desborda claramente” e coa que “está condenando a milleiros de galegos e galegas a retrasos de anos na aplicación dun dereito básico como é a xustiza”.
R.