Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Gonzalo Caballero (PSdeG) insta al presidente de la Xunta a presentar los intereses de Galicia a la negociación de los fondos comunitarios

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou na inauguración das xornadas ‘Perspectivas financeiras no período comunitario 2021-2027. Retos e oportunidades para España e Galicia’, onde chamou a atención sobre o moito que está “en xogo” na programación plurianual de fondos da UE. Así é que esixiu a Feijóo que sitúe como “prioridade” as necesidades de Galicia e plantexe nas institucións europeas “unha axenda” que incorpore os nosos intereses á mesa de negociación. “Ten que entender”, proseguiu Gonzalo Caballero, que os orzamentos comunitarios “afectan de forma moi relevante” a rexións como Galicia, que sofre un importante devalo demográfico e ten importantes diferencias de renda.

“Instamos a Feijóo a que, máis alá da súa axenda de promoción dentro do PP, atenda os problemas do país”, reclamou o líder dos socialistas galegos, co convencemento de que o novo reparto dos orzamentos “vai ser fundamental para a Galicia da próxima década”. “Necesitamos fondos para converxer coas rexións máis avanzadas”, recalcou, para lamentar que a Xunta teña “esquecido” facer xestións nesta liña.

De feito, reprobou que o goberno galego só estea “centrado na xestión dos recortes” e en “presentar a Feijóo coma un bo xestor” pese a ter “disparado” a débeda pública, e a que carece tanto de “proxecto para Galicia” como de estratexia para mellorar o reparto da PAC ou as inversións comunitarias nesta comunidade.

A modo de exemplo, Gonzalo Caballero aludiu a exclusión de Galicia do corredor atlántico de mercadorías ou ao feito de que se descubriu que, pese aos anuncios de Feijóo, a Xunta nin presentou candidatura para obter a sede do laboratorio europeo de bivalvos.

Fronte a isto, o secretario xeral do PSdeG defendeu a necesidade de “marcar unha folla de ruta distinta” e “dar peso a Galicia” tanto na política española coma na europea. Os socialistas, asegurou, levarán ás distintas institucións esa perspectiva que a Xunta non está asumindo.

E se Gonzalo Caballero sinalou que xunto a cuestións como o reparto dos fondos da PAC, “hai que incorporar” á negociación en Europa “novas prioridades” como a loita contra o devalo demográfico, o eurodeputado socialista José Blanco puxo tamén o foco en “desafíos” como o cambio climático.
R.