As enerxías renovables, o aforro, a eficiencia e a mobilidade sostible, serán as bases da transición enerxética en Galicia
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/consell20160628.gif)
Para acadar estes obxectivos, a Administración autonómica ten previsto un investimento de 3000 millóns de euros nos próximos tres anos que, segundo apuntou Conde, permitirá con accións concretas o incremento da capacidade renovable en 1200 megavatios, o que suporá un investimento de 1300 millóns de euros. Segundo engadiu o conselleiro, isto permitirá que “a nosa enerxía, a nosa economía, sexa máis verde e máis renovable”. Tamén garante, tal e como afirmou, que “Galicia está aportando a este novo modelo e a esta transición enerxética”.
O titular de Economía apuntou, así mesmo, que neste novo modelo enerxético é preciso dar unha resposta concreta ás necesidades dos consumidores e das empresas desde o punto de vista da competitividade da industria e desde o punto de vista do impacto económico e social.
Para rematar, o conselleiro asegurou que estas directrices supoñen “unha aposta importante para a nosa competitividade e a nosa economía, e tamén para garantir unha economía máis sostible de cara ao futuro”.
R.