O rural galego contará con 15 novas casas niño

Ao igual que nas convocatorias anteriores, as casas niño atenderán a un máximo de cinco nenos de xeito simultáneo e coas máximas garantías de calidade, ofrecendo atención diúrna de luns a venres, nun máximo de oito horas diarias para cada neno e cun horario pactado co profesional.
En canto ás axudas, subvencionarase a reforma e adaptación da vivenda ou seu equipamento, entre outros aspectos.
As axudas para gastos de investimento consistirán nunha subvención de ata o 100% dos gastos elixibles, cun límite máximo global por casa niño de 15.000 euros, mentres que a achega pola prestación da atención personalizada consistirá nunha prima de 19.600 euros/ano, destinada a apoiar esta iniciativa emprendedora no inicio da súa andaina.
O presidente do Executivo autonómico concluíu subliñando que o obxectivo do Goberno galego é que no 2020 todos os concellos galegos teñan un recurso de conciliación para nenos de 0 a 3 anos.
R.