Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Dez compañías galegas subirán ás táboas da vixésima Mostra de Teatro Universitario de Galicia

‘Balas sobre Broadway’ de Tolemia Teatro (USC) abrirá o programa o luns 22 no Teatro Principal, onde tamén terán lugar as funcións do martes 23, a cargo de Faisca Teatro (USC) que subirá a escena ‘O que che contei mentres facías que durmías’, e do mércores 24 da man de Artías Teatro (USC) e a obra ‘Unha noite de escuras intencións’.

O ciclo proseguirá na Sala Roberto Vidal Bolaño o luns 6 coa representación de ‘Círculo’, a cargo da Aula de Teatro Universitaria de Vigo. O martes 7 Corifeo Teatro da Universidade da Coruña representará 'Animaliños', a quen seguirá o mércores 8 Artías Teatro (USC) con ‘Memoria de Helena e María’.

A peza ‘Implosións, drogas, pasma e outras cousas das que preocuparse’, da Aula de Teatro Universitaria ‘Maricastaña’ de Ourense, dará continuidade ao programa o luns 13 de maio no Teatro Principal, onde o martes 14 a Aula de Teatro da USC-Lugo escenifica ‘Casa de ilusións’, mentres que o mércores 15 será a quenda de LaBarata (USC) con ‘Solo de triángulo en Re. 2º movemento, 3ª parte, Allegro (pero non tanto)’. Para pechar esta programación, Tra Tra Teatro (USC) subirá ás táboas ‘ Arte’, novamente na Sala Roberto Vidal Bolaño.
R.