Inaugurada na Fundación Torrente Ballester a mostra 'Castelao grafista (facsímile)'
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/castelao-grafista.jpg)
O orzamento para o conxunto das actuacións obxecto do antedito convenio ascende a preto de 110.000 euros financiados integramente polo Goberno galego, froito do cal se entregaron ao Instituto Cervantes un total de 100 caixas do proxecto, para depositalas en cada unha das súas 90 sedes repartidas polos cinco continentes. Na mesma liña, ao Ministerio de Asuntos Exteriores, a través da Dirección de Relaciones Culturais e Científicas, fixéronselle chegar 25 exemplares que se enviarán aos centros correspondentes, nas cidades e países nos que non ten sede o Instituto Cervantes.
Divulgar universalmente a Castelao
O conselleiro destacou na súa intervención a importancia de “divulgar universalmente a un dos nosos autores e artistas máis valiosos”, e agradeceu a participación de todas as institucións e administracións implicadas, confiando en que “isto sexa só o principio dun meirande recoñecemento e atención crítica, tamén fóra de Galicia, a Castelao”.
Castelao grafista é unha proposta que reúne unha ampla selección de materiais das múltiples facetas desenvolvidas por Castelao, na que se poden atopar textos, ilustracións, deseños, fotografías ou publicacións coas que achegármonos á rica e poliédrica figura do rianxeiro. Na inauguración participaron, ademais do conselleiro, o presidente da Fundación Gonzalo Torrente Ballester, Álvaro Torrente; e o comisario da mostra, Miguel Fernández Cid.
R.