Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Fegamp e Amtega colaboran para que os concellos do rural poidan adherirse á iniciativa autonómica de mellora da cobertura móbil

Aqueles concellos que cumpran cos requisitos (ter deficiencias en comunicacións móbiles, en base ao mapa de cobertura elaborado pola Amtega en colaboración co Colexio de Enxeñaría de Telecomunicacións de Galicia) integraranse nun proxecto, que se desenvolverá a través dunha encomenda ao operador publico Retegal para a construción das torres e unha convocatoria publica a operadores en concorrencia competitiva.

O seguinte paso será a adxudicación do proxecto, prevista para finais do primeiro semestre do 2020 co obxectivos de completar a construción da totalidade das torres nun prazo de dous anos.

Desta actuación, que conta cun investimento público de 5 millóns de euros, poderán beneficiarse núcleos de ata 118 concellos do ámbito rural nos que se ten detectado algún problema coa cobertura móbil. A maioría destes núcleos teñen menos de 10 habitantes pero algúns deles rexistran gran circulación de persoas ao tratarse de destinos turísticos ou zonas situadas no Camiño de Santiago.

Cómpre lembrar que mentres para conexión a internet existen diferentes tecnoloxías alternativas (fibra, wimax, satélite...) no caso da cobertura móbil non hai alternativa ás redes móbiles, que permitan realizar chamadas de voz en mobilidade.

Tras consultar coa Comisión Europea a a adecuación desta actuación a normativa europea, ponse en marcha este iniciativa, semellante á outras que están a levar a cabo en Italia e que tamén están a analizar en Alemaña.

O 90% dos galegos con acceso a internet de 100Mbps en 2021

A mellora da cobertura de internet foi una das prioridades do Goberno galego que entre 2010 e 2020 terá investidos 185 millóns de euros de fondos públicos nos dous Plans de banda larga que se puxeron en marcha nesta década.

A finais de 2018 e segundo os últimos datos publicados polo Ministerio de Economía e Empresa, máis do 99% dos galegos dispoñen de acceso a internet a través de redes fixas e sen fíos. Ademais, o 61,5% dos galegos poden acceder a redes de máis de 100Mbps.

Actualmente, o obxectivo da Xunta é incrementar a porcentaxe e galegos con acceso a redes ultrarrápidas. Para conseguilo puxo en marcha varias actuacións, que sumadas ás do Estado permitirán que o 90% dos galegos teñan acceso a internet de 100Mbps en 2021.

Ademais, o Plan dotou de acceso a internet de máis de ata 350 Mbps a 81 e polígonos que contan con máis de 1.750 empresas e outras 80 de zonas illadas se beneficiaron de axudas directas para poder acceder a redes ultrarrápidas.
R.