O proxecto 'Mar interior: un océano de oportunidades no corazón de Galicia' divulga o medio mariño entre os escolares lucenses
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/mar-interior.jpg)
Nos obradoiros en xornada de mañá, participarán preto de 800 alumnos e alumnas de 20 centros educativos, para os que a Deputación financia o transporte dos escolares ata o Pazo de San Marcos. Este proxecto trasladarase á Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos do 23 ao 29 de marzo.
As actividades dirixidas a escolares de ESO baixo o nome, Pescando a ciencia, incluirá tres obradoiros no que coñecerán a metodoloxía para diferenciar especies; sesións prácticas e talleres de oceanografía e lixos mariños.
Os participantes de Educación Primaria na actividade Viaxe ao Centro do Oceanográfico poderán recoller mostras de microalgas ou flores de cromatografía; aprenderán como a ciencia obtén peces sans, saudables e de maneira sostible e ademais poderán concienciarse en como o estudo e a protección dos ecosistemas profundos mellora a sostibilidade das pesquerías de alta mar.
Ao longo da semana en horario de tarde tamén haberá un taller máis, Oceanoteca, dirixido a achegar a vida mariña aos máis pequenos a través de actividades lúdicas.
R.